viernes, 19 de diciembre de 2014

NADAL

Celebramos o Nadal.












PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE AMA PARA O CALENDARIO 2015

Este ano o tema elexido para facer o debuxo do noso calendario era "O noso Museo Etnográfico". A nós tocounos tratar o tema dos "cabalos". Sairon debuxos ben bonitos. Entre todos eles o xurado elexiu os dos compañeiros Xulián e Óscar. Felicitar a todos e todas e en especial aos dous gañadores deste ano.




viernes, 12 de diciembre de 2014

FACEMOS FLORES RECICLANDO


Contamos hai uns días coa visita dunha profe que foi do noso cole e a que lle seguimos tendo moito cariño: Fina Fernández. Con ela estivemos facendo unhas bonitas flores con material reciclado. Aquí queda a mostra.
Moitas grazas Fina. Volve sempre que queiras!!!






jueves, 4 de diciembre de 2014

PROXECTO: OS ANIMAIS


Levamos xa uns días metidos nun proxecto ben fermoso. Compartimos tema coa clase de 1º. A verdade é que estamos aprendendo moito "todos e todas". Tivemos visitas de familiares que viñeron acompañados dalgúns animaliños.
"Expertos" que tan amablemente veñen a compartir un cachiño do seu tempo con nós. Visitounos Carla, a tía de Manuel, cun canciño , coelliños e pitiños;outro día viñeron dúas Carmen, a avoa e a nai de Érika con Bambi, unha cabritiña anana, e Doraemon, un gato persa. Tamén estiveron a nai e curmá de Alba e por último o pai e amigo veterinario de Xulián.
Que de cousas aprendimos!!!!!!!
Moitas grazas!!!!




Houbo momento para facer de mestres e cada un de nós contar algo do animal investigado.

lunes, 24 de noviembre de 2014

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Este luns foi unha data para lembrar no ámbito da Educación Ambiental. Conmemorábase o Día dos Bosques Autóctonos.
Dende a AMA propuxemos facer unha actividade que vimos repetindo estes últimos anos. Trátase de sementar e plantar diferentes especies autóctonas que logo coidaremos dende as aulas ou do invernadoiro para lograr arboriñas cun certo porte que levaremos a espazos como Bañal, Marraxón e desa maneira seguir creando espazos naturais no entorno do noso cole.
No día de hoxe foron varias clases de infantil e primaria. No caso do noso curso sementamos castañas. Completaremos esta actividade sementando este xoves abelás, pradios e acivros e plantando loureiro bendito.
Xa vos contaremos cantas arboriñas conseguimos que nazan. Agradecementos ao noso conserxe que colaborou  con esta actividade!!!


lunes, 3 de noviembre de 2014

TRABALLO PARA O CONCURSO DE COGUMELOS

Este ano, como en anos anteriores, participamos no concurso que convoca o Concello da nosa vila con motivo da Feira de fungos e cogumelos. Fixemos una composición outonal ben bonita que levou un premio, ao igual que outros traballos  feitos por compañeiros e compañeiras do noso cole.
O sábado 1 de novembro un grupiño da nosa clase pasouse pola carpa da Feira para recoller dito premio. Moitas grazas!!!!



jueves, 30 de octubre de 2014

MAGOSTO E SAMAÍN

Esta semana estivemos inmersos en dúas celebracións coas que aprendimos e divertímonos moito. Foi a festa da castaña e das cabazas. Decoramos cabaciñas e cestas, reciclando caixas, para recoller as castasñas ás que nos convidou a ANPA do cole.
Logo de degustar as saborosas castañas participamos de máis dunha hora de xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!!!!!







viernes, 24 de octubre de 2014

DEPORTE NA FRAGA

Hoxe participamos, xunto cos outros coles da vila, nunha competición deportiva facendo carreiras pola Fraga.A mañá estivo con moi boa temperatura e disfrutamos dun par de horas nun entorno natural que debemos fomentar.


viernes, 26 de septiembre de 2014

VISITAMOS O INVERNADOIRO E O HORTO E ......

Como gozamos estes dous días!!!!. Primeiro, o xoves fomos ata o invernadoiro e ao horto a recoller as verduras e hortalizas que tan ben se deron neste verán, logo de plantalas antes de rematar o curso pasado. Acompañáronnos os compis de 1º coa súas profes Loli e Belén.Hai que salientar que contamos coa gran axuda de Abel e Jose. A eles dous, moitas grazas.
Recollimos berenxenas, pementos de dúas clases, tomates, patacas, algún repolo e unha cabaciña.


E logo desta gran colleita había que facer algo de proveito con todo. E nada mellor que facer unhas pizzas vexetarianas que sairon sabrosísimas e que foi un grande acerto. Aquí tamén voltamos a contar coa axuda de Jose tanto coa masa como co forno da súa casa, xa que o noso era un pouco pequeno.
A experiencia foi fabulosa e saborosa aínda máis!!!!


viernes, 19 de septiembre de 2014

"AS SEÑORAS COUSAS"

E chegou o venres. E foi maravilloso poder ter a estes dous grandes escritores entre nós. Todos e todas ansiosos de velos e escoitalos. Helena Villar Janeiro xunto co seu home Xesús Rábade Paredes visitaban a nosa aula nada máis chegar ao cole. Logo na biblioteca presentaron o libro "As señoras cousas", poemario ben fermoso que xa o estivéramos lendo na clase. Pola tarde, pero xa na biblio municipal, algún de nós seguimos acompañando a Helena e Xesús e puidemos lerlle un poema do seu propio libro.
Foi moi fermoso poder contar con eles nesta xornada de setembro.
 Moitas grazas por achegarvos dende Rianxo ata a noso cole e a nosa vila.
Mil bicos Helena e Suso!!!!!


lunes, 15 de septiembre de 2014

HELENA VILLAR JANEIRO VISITA O NOSO COLE

Este venres, 19 de setembro, contaremos coa presenza dunha entrañable coñecida para todos e todas nós. Os seus libros "Raúl", "Un rato na casa", "As señoras cousas" son bos compañeiros nosos. Xa nos tarda vela e escoitala este venres. Primeiro no noso cole pola mañá e pola tarde na biblio municipal.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!!!!

Os mellores desexos para un curso que empeza para estes 12 nenos e nenas de 2º. Comeza unha andaina que vai vir chea de novidades e retos que, estou segura, imos lograr chegar a un remate ben fructífero.
Un bico grandote da vosa mestra.

viernes, 20 de junio de 2014

FIN DE CURSO

Rematou un curso cheo de bos momentos e de instantes ben fermosos. Hoxe tivemos como colofón un festival no pavillón do cole no que estes nenos e nenas de 1º fixeron de todo: cantaron, tocaron instrumentos, bailaron , disfrutaron coas súas actuacións e tamén vendo ás dos compañeiros.
Por iso e por todo o que traballaron durante todo este curso merecen unhas vacacións das de verdade.
Pasádeo moi ben este verán, desconectade do cole en todo. E aínda que no mes de agosto miredes de repasar un pouquiño seguide disfrutando para vir en setembro coas pilas ben postas!!!
BO VERÁN E DEICA SETEMBRO!!!
Unha aperta e moitos bicos!!!!

jueves, 19 de junio de 2014

CAMIÑATA POLO ENTORNO DO EUME

Como vimos facendo estos últimos 6 cursos no seu remate e organizado dende a aula de medio ambiente xunto co departamento de E.F., o alumnado dende 1º a 4º de primaria fixemos unha saída para seguir coñecendo as fermosas paraxes que ten a nosa vila.Fomos as 4 titoras e o profe Pedro. Esta vez foi un percorrido dende a Ribeira Nova ata o pantano que o cruzamos e baixamos pola outra beira do río por un sendeiro que foi aberto e habilitado polo grupo de montaña O Caxado. Chegamos ata esa área recreativa onde disfrutamos dunha merenda e dun ratiño de xogos.
Agradecementos a este grupo de xente do club de montaña que sempre están ao noso dispor. E neste caso por doble partida polo traballo que fan habilitando sendeiros e rutas que logo podemos disfrutar todos os veciños das Pontes. MOITAS GRAZAS!!!!

sábado, 14 de junio de 2014

1º PREMIO DO 1º CERTAME GALEGO DAS ARTES POLA IGUALDADE DE XÉNERO "RELATOS"

Este sábado 14 de xuño foi un día moi especial para todos e todas nós. Recollíamos un premio por un relato feito entre todos había unhas semanas. Se importante era ese recoñecemento aínda o era máis porque a persoa á que se lle adicaba este ano era Helena Villar Janeiro. E ela estaba alí!!!. Para os que seguides este blog sobra dicir o especial que é para min e para os meus nenos e nenas que esta gran muller estivera onte alí.
Sei perfectamente que estarían de moi boa gana os 11 alumnos que participaron nesta historia. Non puido ser pero houbo unha representación que foron Xulián, Noa e Érika. Agradecerlle a esas familias que se achegaran ata San Sadurniño onte pola mañá e ao resto decirlles que sei que estabades co voso pensamento. A todos e todas moitas grazas!!!.
Levaba algo parecido a un discurso que paso a deixalo aquí tal cual o dixen alí:

"Moi bo día. Hai uns meses e a través das redes sociais, coñecín a Helena Villar Janeiro, persoa a quen se lle adica esta convocatoria de Certame que nos trae hoxe ata este emblemático Pazo da Marquesa de San Sadurniño.
Teño que dicir que quedei engaiolada con esa maneira de ser, de ver a vida, de afrontar o futuro, da forza que transmite, da súa beleza interior, das gañas de seguir ensinándonos e desa grande humanidade.
Este acontecer reflexouse nunha investigación humilde no meu traballo e cos nenos e nenas de 1º de Primaria do CPI Monte Caxado das pontes, o noso cole.
Ser mestra é esa fermosa profesión que nos une e que nos permite educar, ensinar e sobre todo aprender día a día cos nosos alumnos.
Cando un día vin esta convocatoria de Certame pola Igualdade tiven moi claro que íamos participar por varios motivos: 
1. O nome de Helena Villar Janeiro é moi grande para nós. Os seus libros de "Raúl" e "Un rato na casa" sonnos ben familiares.
2. O tema que había que tratar tamén nos era coñecido  xa que esa teima é unha constante no meu día a día e reflicte directamente na didáctica de aula.
3. O grupo de nenos e nenas de 1º teñen ideas e gañas para facer o que se propoñan. E por enriba, neste caso o fútbol, é un deporte no que participan tanto elas como eles.
Así foi como naceu esta historia da "Amizade de Lois e Ana". Todos aportamos ideas, temáticas, nomes para os protagonistas, títulos. De todo o recollido votamos e así foi nacendo este relato que, finalmente, quixemos poñerlle imaxes facendo debuxos que ilustrarían esta pequena creación.
Estou convencida que educanndo en valores dende tan pequenos conseguiremos un futuro mellor, que tan necesitados estamos delo.
Moitas grazas por este premio: ao xurado, á empresa Bolboreta Animación por esta fermosa iniciativa, ás nenas e nenos da miña clase xunto coas súas familias que fixeron posible que estemos hoxe aquí e a todos os presentes por escoitarme. 
Dou paso aos verdadeiros protagonistas que queren dicirvos algo".

XULIÁN: De parte de toda a nosa clase queremos dar as grazas por este premio. Gustaríanos que Helena levara un recordo de todos nós que fixemos con moito cariño.
ÉRIKA: Xa está feito dende o 23 de abril que foi cando limos na aula o libro de "Raúl". E tanto nos gustou que traballamos para facer este libriño coa idea de poder entregarllo algún día.
NOA: Estamos moi ledos de podelo facer hoxe aproveitando este día tan especial para nós. moitas grazas e estades todos e todas convidados a visitarnos ao noso cole.
PremioHelena - Movie Maker





viernes, 13 de junio de 2014

VISITAMOS O MUSEO DO XOGUETE

Esta mañá saímos de novo polo pobo. Esta vez esperábanos Ribeira para amosarnos e explicarnos todo o que el ten nese máxico espazo adicado aos xogos, xoguetes, inventos, ciencia...
Merece a pena facer unha visita a ese bonito lugar. Todos viñemos encantados. E temos que apuntar que todo, ou case todo, está feito de material reutilizado e reciclado. De verdade que tedes que pasarvos por alí!!!.
Moitas grazas, Ribeira, por adicarnos ese tempo que ben sei que o fas con moito gusto.



jueves, 12 de junio de 2014

PASEO ATA O LAGO

Hoxe a clase de Educación Física converteuse en algo diferente. Non era a primeira vez que o facíamos pero con tan bo tempo sí . Fomos de camiñata ata o lago os cursos de 1º e 2º co profe Pedro. A verdade é que chegamos cansos pero disfrutamos mollándonos os pés e xogando no campo e na area. 





lunes, 9 de junio de 2014

FESTA VOZ NATURA

O sábado día 7 de xuño tivo lugar a Festa Voz Natura no lugar de Acea da Ama como se ven facendo nos últimos quince anos.É a festa do Medio Ambiente na que participan tódolos coles e asociación de Galicia que están no programa Voz Natura. Este ano foron 6 familias da clase de 1º, e iso alégrame moito. Foi unha xornada de lecer na que puideron disfrutar dun montón de actividades programadas para eles. Podedes ver a nosa exposición con diferentes traballos feitos ao longo do curso.

viernes, 6 de junio de 2014

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: A NOSA EXCURSIÓN

Onte, 5 de xuño, conmemorábase esta data medioambiental tan importante. E a nosa mellor manera de celebralo foi organizar a excursión de fin de curso indo á Granxa escola da Casa Grande de Xanceda e ao Museo de Brañas de Valga. Ata alí fomos en dous autobuses o alumnado dende 1º a 4º de primaria con 6 mestras. Tivemos unha xornada cun tempo estupendo que nos permitiu disfrutar tanto da experiencia nesta granxa ecolóxica na que aprendimos tanto e logo pola tarde visitar o Museo de oleiría de Brañas de Valga e facer obradoiros co barro.
Como tantas cousas fixemos case vos deixamos cun collage de fotos que van a amosarvos de mellor forma o que aconteceu esa xornada. Foi intensa pero moi aproveitada.
E xa me diredes se a nosa excursión está relacionada co Medio Ambiente!!!!
Ah!! Non podemos esquecer os agradecementos: ás mestras acompañantes, a maiores das titoras, que foron Blanca e Angeles. Aos conductores dos autobuses e pola parte de 1º un pouco máis a Pablo que botou unha man en toda a visita que fixemos á granxa. E, como non, ás monitoras encantadoras que nos guiaron, amosaron e ensinaron tanto na granxa como no museo. Moitas grazas a todos eles!!!!!!
Nas dúas primeiras composicións podedes ver parte do que fixemos pola mañá na Casa Grande de Xanceda. No último hai unha pequena mostra do que disfrutamos en Brañas de Valga.



sábado, 17 de mayo de 2014

A NOSA LINGUA VIVA!!!!!!!

Felices 365 días para as nosas Letras Galegas!!!!!

viernes, 16 de mayo de 2014

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe participamos nun fermoso festival celebrado no cine Alovi. Puidemos ver e escoitar diversas actuacións como teatro, cancións, bailes, recitado de poemas. Foi unha mañá de diversión e celebración pero tamén de nervos. Non sabíamos como ía ser o noso poema-baile do "Gaiteiro repoludo". Pero teño que dicir que estamos moi ledos do resultado final.
Quero felicitar aos meus 11 artistas que o fixeron xenial e merécense un aplauso ben forte. Grazas igualmente a Marita, a nosa profe de Música, e aos papás e familiares que se achegaron ata o cine para vernos.
Queda por subir o vídeo que en canto o teña preparado xa o fago. Pero non podía esperar en darlle os parabéns polo seu bo facer. Un bico enorme para estos nenos e nenas de 1º.



lunes, 12 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

Estamos inmersos na semana adicada a celebrar a festividade das Letras Galegas.Oficialmente é así todos os anos pero, como todas as conmemoracións, días para lembrar a nosa lingua son os 365 de cada ano.
O persoeiro homenaxeado este ano é o case veciño Xosé Mª Díaz Castro.
Na aula estamos traballando sobre a súa obra e a súa vida.
Pero como sabemos que a orixe desta festividade parte da nosa Rosalía de Castro a Ela queremos rendirlle unha homenaxe. Por iso estamos a ensaiar un poema desta grande escritora titulado "Un repoludo gaiteiro". Faremos unha humilde representación este venres no festival que celebraremos no cine Alovi.
Xa vos contaremos!!!



miércoles, 7 de mayo de 2014

DÍA DA CIENCIA

Este mércores puidemos participar, na biblioteca do noso cole, nunha serie de experimentos científicos cos que aprendimos e disfrutamos moitísimo. Había un monitor cun montón de artiluxios e materiais que durante unha hora, e xunto cos cursos de 2º e 3º, explicou cousas ben interesantes!!!!


martes, 6 de mayo de 2014

POR FIN!!!! ACTIVIDADES NO NOSO HORTO

Xa era hora de poder ir plantar no horto do cole. Veredes unha 1ª imaxe de como estaba de todo este inverno de tanta inclemencia. Este luns baixamos o noso curso e a clase de 5 anos.Tivemos a axuda dun experimentado agricultor. Trátase de Abel que trouxo as plantiñas, sementes e máis botou unha man para mover a terra do horto e de abonala.
Plantamos espinacas, repolo, leitugas,fabas, xudías, patacas,cabazas e calabacín.
Tamén na parte de atrás do invernadoiro sementamos cabazas co ánimo de ter a colleita cando sexa o Samaín.
Da mesma maneira operarios do Concello remataron de preparar a desfeita que houbo este inverno no invernadoiro.
Así que agora queda coidar da plantación e ver como medran esas hortalizas!!!

domingo, 27 de abril de 2014

CONCURSO DE RECICLADO

Neste mes estivemos traballando para participar xa na 15º convocatoria do concurso que convoca a Aula de Medio Ambiente do noso cole.E fixémolo dende a aula presentando dous traballos feitos con rolos de papel reutilizados e transformados á nosa maneira. Conseguimos facer un móbil e un organizador de escritorio.
Tamén participamos facendo traballos nas casas coa colaboración das familias.E a verdade é que houbo unha grande variedade de motivos reutlizando e reciclando moitas das cousas que ás veces van directamente ao lixo. Podemos ver como nos implicamos traballando todos e todas na clase e tamén o resultado final que presentamos ao concurso.

viernes, 25 de abril de 2014

PROXECTO : A FARMACIA NATURAL

Logo deste período de descanso puidemos comprobar que das 23 sementes que plantáramos a finais de marzo moitas delas xa agromaron. Sen embargo aínda temos unhas cantas que se resisten. Para a vindeira ocasión contarvos algo máis e tamén se recoñecemos algunha delas. Estamos ansiosos por saber máis desta plantación.



miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase, como tódolos anos, o Día Internacional do libro. Na nosa clase estiven lendo estes días un libro que nos deixou engaiolados. Trátase de "Raúl" da escritora Helena Villar Janeiro. A reseña do libro según a autora é a que segue:
"Raúl era un neno moi bó. Todos o queren. Os pais e os avós pensan que é o mellor neno do mundo. Pero non se decatan de que Raúl ten un grave problema. Raúl non sabe dicir que non. Non sabe este neno, nacido en Compostela, dicir: "non" no momento adecuado, e pode poñer a calquera en serios apuros." 
Logo de lelo todo e escoitalo atentamente fixeron un traballiño sobre el que poñeremos noutro momento.
Tamén nos achegamos ata a biblioteca para escoitar uns relatos por parte de nenos e nenas dos cursos de 2º, 3º e 4º de primaria.


lunes, 21 de abril de 2014

FAGAMOS ALGO XA: 22 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA TERRA

O Día da Terra (en inglés Earth Day) é o nome dunha celebración festiva que se corresponde con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 20 ou 21 de marzo e o Día da Terra do 22 de abril iniciado nos Estados Unidos en 1970, e que continúa celebrándose aínda hoxe nese día. A festividade foi creada para lembrarnos a responsabilidade de coidar e protexer o planeta tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación ó que os humanos o estabamos sometendo. A través da celebración preténdese aumentar a consciencia con relación ó medio e os problemas ambientais.

jueves, 3 de abril de 2014

VISITA A UNHA EXPOSICIÓN INTERESANTE

Esta semana achegámonos ata os corredores de Secundaria para ver unha exposición que tiña por título "Mulleres nas Artes e nas Ciencias".Unha das súas autores soubemos que é Rocío Chao que foi mestra no noso cole.
Aínda que alí había moita información que para nós non nos era moi familiar sí que vimos a alguén coñecida que era Rosalía de Castro xa que a súa foto a temos na nosa aula e xa falamos varias veces dela e da súa obra.
Aprendimos e disfrutamos con ela!!!

martes, 1 de abril de 2014

APRENDEMOS DIFERENTES SEMENTES E MERENDAMOS FROITA

Seguimos inmersos no proxecto das "Plantas". Estamos distinguindo distintas maneiras de poder conseguir unha nova plantiña: por esquexe, unha semente metida en terra, unha semente metida en auga... Igualmente vimos que as sementes poden ser de moi diferente forma, tamaño, cor...
Por iso aproveitamos a facer dúas experiencias este martes. Coñecer froitas diversas, verlle as súas sementes, comprobar o seu sabor, cor, olor e merendar de forma saudable e rica.

viernes, 28 de marzo de 2014

A FARMACIA NATURAL

Esta semana recibimos un kit con todo o necesario para poder participar nunha experiencia proposta dende "educaBarrié". Trátase dun proxecto de investigación na aula sobre botánica e propiedades saudables nas plantas que coordina este grupo.
Comezamos a 1ª fase que trata do cultivo das sementes. Foron 23 especies de aromáticas-medicinais que sementamos entre o alumnado de 1º e 4º de primaria.
Témolas na repisa da ventá da nosa aula vixiando de regalas e atendendo a cando comecen a agromar.
Xa vos iremos contando!!!!


sábado, 22 de marzo de 2014

ÁRBORE E AUGA : FONTES DE VIDA

Onte conmemoramos dúas datas moi importantes. Era o día da árbore e hoxe o día da auga.
Durante toda a mañá contamos coa presenza dun grupo de persoal do Distrito Forestal de Ferrol con Mónica Estévez como técnica responsable. Moito saben sobre o coidado e mantemento dos nosos bosques e ríos. Todo o alumnado pasou pola biblioteca en diferentes quendas para escoitar e visualizar o que alí nos contaron. Houbo de todo: vídeos, contos, xogos, explicacións, cancións. A verdade é que a parte de aprender moito divertímonos e concienciámonos, se cabe, un pouco máis.
Aquí vos deixo unha mostra do noso paso (1º, 2º e 3º de primaria) pola biblioteca no día de onte.
Moitas grazas a todos eles e en especial a Mónica que programou unhas sesións didácticas que gustaron moito. Queremos seguir contando con vós en vindeiras ocasións. E tamén aproveito para destacar o voso traballo en favor sempre do noso medio ambiente.



Outra actividade foi transplantar os castiñeiros que tíñamos na nosa clase. Lembrades que sementáramos castañas no outono??, pois estivémolas coidando na aula con moito mimo!!!!. E agora chegou o momento de darlles un pouquiño máis de espazo. Tivemos a axuda do noso conserxe José Antonio ao que lle queremos dar as grazas por botarnos unha man.
Mirade que grandes van!!!!


jueves, 20 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DA AUGA

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para lembrar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.

Un ben escaso

Dos niños transportan un cubo de agua
Nun mundo cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga pode parecer un contrasentido que o difícil acceso á auga potable sexa causa de enfermidades e pobreza para 1.500 millóns de persoas.
Porén, esa é a realidade. A auga apta para uso humano (doce, potable e de fácil acceso) é unha parte moi pequena do total e a súa escaseza non se debe só ás condicións naturais de determinadas rexións, senón que ten moito que ver co aumento da poboación, a dilapidación e a contaminación.
A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade no século XXI.
Ademais da auga para beber, a agricultura, a industria, a hixiene e a saúde, a calidade ambiental, etc., as posibilidades de desenvolvemento dun territorio e a súa poboación dependen da auga, da súa calidade e do seu consumo racional.

Un dato para a reflexión
O consumo medio de auga por habitante nun país industrializado como os Estados Unidos é de cerca de 2000 m3, mentres que nun país en desenvolvemento como Níxer é de 41 m3.

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo coincidindo co inicio da primavera celebramos o día da árbore que é un recordatorio da importancia de protexer os nosos bosques.
No Centro faranse unhas actividades ao longo da mañá relacionadas con esta conmemoración. Daremos conta delas unha vez rematadas.

miércoles, 12 de marzo de 2014

VISITOUNOS ANGELES!!!

Hai uns días puidemos disfrutar da sempre grata presenza da profe Angeles. Amosounos a súa experiencia na viaxe que fixo últimamente a Ecuador. Deixounos impresionados moitas das cousas que nos contou. O que máis a súa incursión de 4 días na selva facendo vida nunhas cabanas adaptadas para o turismo. A min do que máis me gustou foi ver os mercados con tal cantidade de froita tan apetitosa. Que rico!!!!
Xa sabes, Angeles, que podes voltar sempre que queiras. Encantounos que estiveras entre nós esa mañá. Primeiro por terte a ti e logo polo que aprendimos sobre ese país que se chama Ecuador.
Un bico enorme para ti de todos e todas nós