domingo, 1 de julio de 2012

FIN DE CURSO

O último día de cole almorzamos na aula tan pronto chegamos. A media mañá fomos ver a actuación do mago Benxamín na biblioteca coa que nos divertímos e sorprendimos moitísimo. A nosa compañeira Carmen fixo de axudante para un dos seus trucos.
E como colofón tivemos un festival no pavillón con bailes e cancións. Un destes bailes foi a presentación do Rap do Reciclado, ensaiado nas clases de música con Marita. Pasámolo guai pero andivemos apuradillos para facer un final completo.
FELIZ VERÁN E DISFRUTEMOS TODOS E TODAS DESTAS MERECIDAS VACACIÓNS!!!!!
DEICA O MES DE SETEMBRO! BICOS!!!



 

VISITAMOS O NOSO MUSEO

Esta última semana de curso fixemos unha visita guiada pola zona de xogos e xoguetes do noso Museo. Contamos coa colaboración e explicación do compañeiro José Mª. Moitas grazas!. Estivemos moi atentos ao que el nos contou e aprendimos moitas cousas. Continuaremos con esta actividade no vindeiro curso xa que queda moito por ver.