miércoles, 26 de julio de 2017

SURREALISTA

Vimos de rematar un curso escolar cun final que non ten calificativo posible: surrealista sería algo suave para tal despropósito orquestado por quenes se chaman políticos, defensores de todos nós. Sei que lles dá igual todo o que fagamos, falemos ou opinemos. Pero logo de ter pasado xa máis dun mes dese 22 de xuño vou dar o meu parecer de forma moi breve.
 Non perdoo que ese 23 de xuño, día de dar as vacacións e entregar boletíns, acabara sendo unha mañá de bágoas, tristeza, desacougo, incerteza...Que a miña aula (como as dos outros compañeiros), quedara convertida nun espazo para o pranto e o desgusto.
 Non, señores mandamases, non vou perdoar que sen o mínimo atisbo de razón e lóxica viñeran a facer semellante barbarie: "extinguirnos" dun plumazo. Pero quen se creen que son?. Por que o fan?. Señor Feijóo, deixe de mandar emisarios e dé a cara se é que ten un mínimo de decencia!. Seguiremos pedindo explicacións a esta tremenda inxustiza.



 EU NON PENSO PERDOAR!.
NONAOPECHEDOMONTECAXADO.