Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NADAL. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de diciembre de 2015

NADAL

Neste mes de decembro fixemos actividades que tiñan que ver cos adobíos da nosa árbore de nadal e aos ensaios para o festival que tivemos hoxe no Alovi. Manualidades feitas cun calcetín reciclado que rematou sendo un boneco de neve para colgalo da nosa árbore, arboriñas feitas con rolos de papel e cartolinas decoradas, estrelas decoradas...Ensaiamos o poema de Manuel María, "A estrela sen nome" que recitamos no escenario o día do festival. Tamén fixemos un baile ensaiado con Marita.





 Tamén se repartiron os agasallos aos premiados na elaboración do calendario 2016. No caso de 3º foron elexidos Noa e Óscar. Parabéns a eles dous en especial e a todo o grupo igualmente por participar con traballos ben chulos.






viernes, 19 de diciembre de 2014

NADAL

Celebramos o Nadal.












jueves, 26 de diciembre de 2013

ESTAMOS NO NADAL

Ao longo deste mes fixemos moitas e variadas actividades. Unha da que disfrutamos moito foi o ensaio da obriña que puidemos representar no festival que tivo lugar o xoves 19 no cine Alovi.
Ao mesmo tempo argallamos adornos tanto para o corredor de primaria, consistente nunha arboriña que fixemos a medias coa clase de 4º e outros adornos para a aula sen esquecer a carta aos Reis Magos que xa foron enviadas a semana do festival.
Participamos con debuxos ben bonitiños para o concurso do calendario de AMA 2014. A proposta era facer composicións con froitas da nosa comarca. Á nosa clase tocounos debuxar peras e figos. Felicidades a todos e todas pero en especial a Andrea e Destaw que foron os elexidos, nesta ocasión, para formar parte deste calendario.
Teño que felicitar a estes nenos e nenas de 1º  polo que traballaron , aprenderon  e ensináronme neste 1º trimestre. Non me refiro só ao que ten que ver co concepto académico (que tamén) senón polo esforzo e as gañas que lle poñen a todo o que propoñemos dentro da aula. 
E sobre a súa actuación o día do festival, cos nervios que tiñan, fixéronno xenial!. Otítulo "Un outono moi quente", e a mensaxe que nos deixa é unha proposta para todos nós: "Cando unha árbore morre, outra debes plantar, así os nosos bosques poderemos conservar".
BO NADAL E FELICES FESTAS PARA TODOS E TODAS!!!
DISFRUTADE DAS VACACIÓNS!!!

viernes, 21 de diciembre de 2012

E CHEGOU O APALPADOR

O día de hoxe foi bastante movidiño. Comezamos coa visita do APALPADOR que chegou antes do recreo á nosa clase. Coincidiu que lle estabamos a facer uns debuxos para el por se aparecía polo cole e a sorpresa foi maiúscula. Disfrutamos da súa presenza e repartiunos castañas. Xa na hora do recreo puidemos merendar un biscoito que fixo a nosa profe.



Ao rematar o recreo subimos todo infantil e primaria ata a biblioteca para estar na entrega de agasallos aos premiados no calendario de AMA deste ano. Pola parte de 4º teño que felicitar a todos e todas polos debuxos tan guais que fixeron e en especial a Alicia Fernández e a Silvia por ser as elexidas este ano.
Como remate de xornada entregáronse as notas do 1º trimestre e demos comezo ás ansiadas vacacións de nadal.
DISFRUTADE MOITO DESTAS VACACIÓNS E DEICA O 8 DE XANEIRO!!!


miércoles, 19 de diciembre de 2012

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe celebrouse o festival de infantil e primaria no cine Alovi. Participou todo o alumnado cantando, bailando e actuando en obriñas de teatro.
O curso de 4º preparamos con Marita unha panxoliña instrumentada titulada "Campaíña do lugar". Temos que dicir que nos saíu moi ben.

martes, 18 de diciembre de 2012

O APALPADOR

Estes días previos ás vacacións de Nadal imos falando nas aulas de infantil e primaria do personaxe de "Apalpador". Curioso ser que aprece na noite do 24 aló polas terras dos Ancares e O Courel facendo visitas a nenos e nenas levándolle agasallos feitos por el e unha presa de castañas.
Podemos escoitar unha canción cantada por Malvela que fala del.

lunes, 10 de diciembre de 2012

NADAL


Levamos uns días facendo varios traballos para poder decorar o cole con motivos navideños. Neste caso, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, adicámonos a compoñer a árbore que está na entrada. Para elo fixemos estreliñas pintando e decorando depresores aos que lle colocamos unha cinta para poder colgalas. Tamén unhas grilandas feitas con chapiñas das latas insertadas en cintas e polo medio unhas boliñas de papel brilante.
A verdade é que está quedando ben chuli a nosa árbore reciclada do anterior nadal.

jueves, 22 de diciembre de 2011

CELEBRAMOS O NADAL

Neste mes de decembro tivemos distintas actividades que tiñan que ver con estas datas navideñas. Fixemos manualidades reciclando envases que levaban antes café. Decorámolos e fixemos adobíos para decorar os corredores do cole. Tamén ensaiamos distintas panxoliñas e quedámonos coa de "Metido nun ovo", para representala no festival de Nadal, que foi o venres, 16 de decembro no cine Alovi.
Por outro lado participamos toda a clase facendo debuxos para o Concurso que convoca a AMA para elaborar o calendario 2012. Esta vez elexiron os traballos de Eric e Antía para formar parte do mesmo. A eles dous unha noraboa especial e felicitar a todas e todos por facelo tan ben. Por certo!, podedes ver o calendario completo no Blog de AMA.
Entregáronse os premios do calendario o mércores 21. Nese acto, que foi no pavillon do noso cole, puidemos asistir á representación dun conto titulado "O sapiño e a lúa". Foi por deferencia da ANPA e estivo moi entretida.



QUE PASEMOS UNHAS ESTUPENDAS VACACIÓNS DE NADAL E QUE O NOVO ANO VEÑA CHEO DE BOAS NOVAS!!!!!!!!

viernes, 25 de noviembre de 2011

PANXOLIÑA

METIDO NUN OVO

Os tres Reises Magos

Van para Belén

Quitaron os zocos

Para correr ben

Lupe de Caveira

Failles o café,

Esperanza de Macario

Peneira de pé

(BIS)

Escoiten señores

O aguinaldo novo

Que naceu o neno

Metido nun ovo

Escoiten señores

O aguinaldo vello

Que naceu o neno

Metido nun cesto

Déano-lo aguinaldo

Anque sexa pouco,

Un bo bacallao

E a metade doutro.

De postre castañas

Boas e ben grandes,

Un molete enteiro

E un queixo de Flandes

(BIS)

Escoiten señores

O aguinaldo novo

Que naceu o neno

Metido nun ovo

Escoiten señores

O aguinaldo vello

Que naceu o neno

Metido nun cesto


jueves, 30 de diciembre de 2010

BO NADAL!!!!!!!!!!!






Os meus mellores desexos para todos vós. Que disfrutedes destas vacacións e que veñamos cheos de enerxía para o novo ano.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL



No día de hoxe baixamos ata Dopeso para celebrar o festival de infantil e primaria. Houbo actuacións por parte de todos os cursos. Cantáronse varias panxoliñas, bailáronse algunhas delas e houbo recitado tamén. Grazas, como sempre, á nosa profe Marita que é na súa clase de música onde se ensaia e traballa a maior parte destas actuacións. Polo medio desas intervencións fomos intercalando a entrega de premios do calendario medioambiental 2011. E todo isto baixo a atenta mirada dun fermoso decorado que puxéramos o día anterior e do que foi artífice o mestre José Mª. Foi unha xornada entretida e divertida na que disfrutamos moito todos o que alí estivemos.