Démonos boa conta de que aqueles aparellos que alí viamos funcionando son os mesmiños que temos no noso Museo Etnográfico e gustounos. Que sorte temos!
Moitas grazas a estas mulleres que fan estas tarefas con tanto agarimo e co afán de que non se perdan estas costumes dos nosos avós.
Que importante é lembrar o noso pasado para conseguir un futuro digno!!!