viernes, 28 de enero de 2011

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ



Este venres rematouse de facer o puzzle da pomba da paz. Foi un traballo conxunto de todas as titorías de infantil e primaria. Nela quixemos reflexar dous aspectos moi importantes na educación. Trátase de utilizar na súa composición diverso material de refugallo, desa maneira facemos fincapé no concepto de reciclado-reutilización. Ao mesmo tempo obtivemos un resultado de unidade global na figura simbólica da "pomba de Picasso", tema do día de hoxe. O resultado final pódese ver no patio do centro e podemos decir que quedou ben chulo. Tamén cantamos unhas cancións en catro idiomas co tema da Paz como fundamento.

TRABALLEMOS A PAZ TODOS OS DÍAS DO ANO !!!!!!!!!!!!!!!!!!


miércoles, 26 de enero de 2011

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Fixéronse obradoiros nalgunhas clases. A educadora era Marga que pertence a ADEGA.
Tratábase de varios xogos cooperativos nos que a temática era a concienciación na correcta separación dos refugallos nos seus contedores correspondentes.
Nós, xunto co alumnado de 1º, estivemos no pavillón facendo o xogo de "separar o lixo". A verdade é que aprendimos moito, logo de fallar algunha vez. Foi divertido e didáctico ao mesmo tempo.


DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Hoxe conmemórase, en todo o Planeta, o día da Educación Ambiental. A verdade é que sobre esto habería moito que decir, pero sobre todo "moito que facer". Coido que dende as escolas podemos aportar moitísimo e xa non só no día de hoxe. Fagamos palpable que no noso centro temos unha A.M.A.(Aula de Medio Ambiente) e demostremos que a concienciación medioambiental está presente en todo o que facemos.
Está ben que existan días para lembrar o noso amor pola natureza limpa e libre pero estaría mellor que non houbera que conmemorar días soltos no ano para algo tan vital.


viernes, 21 de enero de 2011

DEPORTE ESCOLAR NA FRAGA


Esta mañá de venres, desafiando o vento e o frío, baixamos ata a Fraga. O motivo era facer unhas competicións de campo a través entre todos os escolares de primaria da nosa localidade. Fomos o alumnado dende 2º ata 6º de primaria dos coles Santa Mª, A Fraga e o Monte Caxado, xunto cos seus titores e Pablo, profe de E.F.
Foi unha xornada na que, a parte da actividade deportiva que disfrutamos, destacou o frío intenso que facía.
Noraboa a tod@s por participar e doble felicitación a aqueles que obtiveron medalla.





viernes, 14 de enero de 2011

PRODUCTOS DO NOSO HORTO

No día de onte visitamos o horto e o viveiro para ver como estaba todo, logo de tantos días sen ilo ver. Comprobamos que as nabizas xa medraran pero estaban moi xuntas. Decidimos recoller un bo montonciño e propúxenlles facer un caldo para o día seguinte. Quedamos en que traeríamos os ingredientes da casa ( non da tenda).
Foi así como fixemos unha actividade que tiña que ver co proxecto que estamos a traballar na aula. Ten que ver cos distintos tipos de alimentos, así como recuperar costumes dos nosos devanceiros.
E está claro que a receita do caldo galego cumple estas dúas premisas.
A verdade é que foi unha fermosa e saborosa experiencia.

Hai que dar de novo as grazas aos pais/nais por seguir a colaborar con nós.