miércoles, 29 de febrero de 2012

PLANTAMOS BULBOS E VINCA

Esta semana baixamos un par de veces ata o viveiro para plantar en testos bulbos de dalias, narcisos e xacintos. Tamén fixemos sementeira de leituga así como esquexes de vinca que son plantas trepadoras . O tempo que está facendo permite que fagamos esta actividade sen problema xa que temos unha primavera adiantada. Logo de plantalas colocámolas no invernadoiro que estamos a estrear estes días. Hai que agradecer aos distintos Obradoiros de Emprego que desenrolaron o seu quefacer este ano que ven de rematar e cuxa iniciativa partiu do Concello. O resultado podémolo ver nalgunha das fotos que van de seguido.