domingo, 7 de junio de 2009

FESTA DE VOZ NATURA




O sábado 6 de xuño foi o remate do curso 08-09 de Voz Natura en Culleredo. Como xa facemos todos os anos o noso cole está implicado nese fermoso proxecto que supón o mesmo que tratamos na anterior nova. Isto é o cariño e o bo facer polo noso Medio Ambiente. Fomos un grupo de nen@s, pais e mestras a pasar o día no parque de Culleredo. Saímos un pouco enfadados polo mal tempo que facía xa que chovía e non pouco. Logo estivo unha boa tarde e desta maneira os máis pequenos disfrutaron de todas as diversións que había para eles.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Sobra dicir que o coidado e mantemento do noso Planeta non ten que basearse nun único día de celebración senón que son os 365 días do ano os que temos que estar coa teima de que hai que poñer os medios para que isto non se nos escape das mans.
O noso cole ten unha mascota (a tartaruga Amiña),e unha Aula de Medio Ambiente que programa e organiza moitas actividades relacionadas todas elas con este tema.
Este venres, e debido a que o tempo non valía para ir a plantar fóra, tivemos a Lurdes na nosa Biblioteca que veu a impartir un obradoiro de reciclado aos cursos de 1º e 2º de primaria.Tratamos de reciclar e reutilizar as follas do xornal facendo flores e un cestiño para gardar cousas. Estivo moi interesante. Moitas grazas a Lurdes polo seu facer e a súa paciencia.