viernes, 31 de enero de 2014

INICIÁMONOS NO XADREZ

Sabemos como colocar as pezas no taboleiro e tamén os seus nomes. Comezamos por movementos das pezas: o peón, o cabalo, a torre, o alfil, o rei e a dama.



VISITA SEMANAL Á BIBLIO

Este mes soamente cruzamos dous días á nosa biblio e xa nos tardaba voltar. Case sempre coincide que chove moito (que raro!!!) ou que estamos noutras lerias, non menos importantes.







jueves, 30 de enero de 2014

CELEBRAMOS A PAZ

Que é cousa de todos os días sabémolo todos e todas pero estas dúas semanas estivemos traballando un pouquiño más este concepto. Como o domingo conmemorábase o Día da Educación Ambiental  argallamos facer unha árbore da Paz. Reutilizamos rolos de papel para que nos serviran para facer as polas da nosa árbore reciclada. A verdade é que quedou ben bonita e o máis importante é que foi traballo de todos os nenos e nenas xunto coas súas mestras e mestres.Non podía faltar as cancións que cantamos alusivas a este día e ensaiadas na clase de música.





sábado, 25 de enero de 2014

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Este domingo, día 26, celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental, unha efeméride que tivo a súa orixe na Declaración da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente, celebrada en Estocolmo (Suecia), en 1972, e que veu supoñer un antes e un despois na visión das cuestións medioambientais desde a dimensión educativa, expoñendo a necesidade de criterios e principios cos que mellorar o noso contorno.
Posteriormente, celebrouse un Seminario Internacional que dou como resultado a Carta de Belgrado, na que se plasmaron as reivindicacións fundamentais da educación ambiental, pasando a ser concibida como un proceso dinámico e participativo que busca sensibilizar á poboación sobre a problemática do medio ambiente, tanto desde unha dimensión xenérica como específica, prestando especial atención ao espazo máis inmediato de cada cidadán.
É por isto que se conclúe a necesidade de que a educación ambiental traballe en varias frontes: a toma de conciencia sobre os problemas do medio ambiente, o coñecemento, as actitudes, adquirindo valores sociais, as aptitudes, interiorizando as habilidades necesarias para resolver os problemas, a capacidade de avaliación, tendo en conta os condicionantes ecolóxicos, políticos, sociais, estéticos e educativos, e, por suposto, a participación, desenvolvendo o sentido da responsabilidade.
Porque non vale unicamente coñecer, senón que hai que aprender a apreciar e a defender, pois a natureza, lonxe de ser unha fonte inagotable de recursos ao noso servizo, é un ecosistema fráxil coas súas propias esixencias.(Copiado da páxina de Sogama)