jueves, 6 de julio de 2017

REMATE DUNHA FRUCTÍFERA ETAPA

Chegou o momento de dicir "ata sempre" a un grupo de nenas e nenos que xa forman parte da miña historia logo de ter compartido tanto estes últimos 4 anos.
Moitas e maravillosas vivencias ao longo de todo este tempo. Aprendizaxes mutuos. Experiencias enriquecedoras para min. Lévome momentos moi gratos.
Sodes xeniais e valedes moitísimo, porque se houbo momentos de floxedade foron moitos máis os de fortaleza, coraxe, amizade, compañeirismo e camaradería entre todos e todas.
E aínda que o final deste curso non foi nada normal merecedes estar por enriba de toda esta inxustiza que está a pasar co NOSO COLE.
Sexa como sexa, en setembro quero vervos a todos coa cara de felicidade que non puidestes ter este 23 de xuño.
Moitas grazas por ser como sodes. Medrade con dignidade pero non cambiedes nunca.
Agradecemento extensivo ás 13 familias dos meus nenos e nenas que nos acompañamos mutuamente estes 4 anos.
Disfrutade das vacacións que o merecedes de verdade.
Un bico moi grande para Xulián, Óscar, Eloy, André, Andrea, Noa, Miguel, Érika, Daniel, J. Gabriel, Lara, Destaw e Ainoa.