Hoxe tivemos a oportunidade de visualizar e participar dunhas actividades que, levadas á práctica, fan que o noso día a día sexa máis ecolóxico. Achegouse ata o centro un monitor de Endesa-Educa que nos fixo unha introducción ao concepto de enerxía baseándose fundamentalmente nas enerxías renovables: eólica, solar e hidráulica. Puidemos experimentar cun aeroxerador, unha bicicleta con dinamo, una miniturbina, unha placa fotovoltaica, xoguetes solares, colector solar (para quentar auga nas casas), cociña solar e paneis explicativos sobre o aforro de enerxía que cada un de nós pode practicar individualmente.
Os cursos que participaron desta actividade foron 2º, 3º e 4º de primaria.
Estivo moi entretida e didáctica. Agradecementos a Noel, monitor que explicou toda esta actividade.