Mostrando entradas con la etiqueta AMA e E.F.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AMA e E.F.. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de junio de 2014

CAMIÑATA POLO ENTORNO DO EUME

Como vimos facendo estos últimos 6 cursos no seu remate e organizado dende a aula de medio ambiente xunto co departamento de E.F., o alumnado dende 1º a 4º de primaria fixemos unha saída para seguir coñecendo as fermosas paraxes que ten a nosa vila.Fomos as 4 titoras e o profe Pedro. Esta vez foi un percorrido dende a Ribeira Nova ata o pantano que o cruzamos e baixamos pola outra beira do río por un sendeiro que foi aberto e habilitado polo grupo de montaña O Caxado. Chegamos ata esa área recreativa onde disfrutamos dunha merenda e dun ratiño de xogos.
Agradecementos a este grupo de xente do club de montaña que sempre están ao noso dispor. E neste caso por doble partida polo traballo que fan habilitando sendeiros e rutas que logo podemos disfrutar todos os veciños das Pontes. MOITAS GRAZAS!!!!

martes, 4 de junio de 2013

CAMIÑATA ÁS BULIQUEIRAS

No día de hoxe quixemos adiantarnos ao día Mundial do Medio Ambiente e fixemos unha saída que nos levou ata as Medoñas dos Airíos e a Fonte das Buliqueiras. Fomos os cursos de 2º, 3º e 4º de primaria. Esta actividade vense facendo dende hai cinco anos organizado pola AMA e Departamento de EF de primaria.
O día non puido estar mellor, cun sol de xustiza. Primeiro paramos ao pé dunha medoña, das poucas que quedan no noso concello. Aprendimos que son lugares funerarios datados de 6000 anos antes de cristo.
Logo andivemos un treito ata a fonte ferruxinosa da que tanto escoitáramos falar. A paraxe resulta ben fermosa, cunha natureza impresionante. Alí atopámonos cunhas escaleiras nas que nos sentamos para escoitar unha pequena explicación por parte das profes Loli e Fina.
Merendamos á sombriña e puidemos beber da propia fonte e levar auga nas botellas que traíamos.
Coido que disfrutamos e aprendimos moito con esta experiencia.





Cool Slideshows





lunes, 28 de mayo de 2012

ROTEIRO POLO CANEIRO E RÍO EUME

Este martes fixemos unha andaina o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria xunto con 7 mestres e un grupiño de membros do grupo de sendeirismo O CAXADO. É o cuarto ano que facemos esta camiñata dende AMA e o departamento de E.F. de primaria.
O bo tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha xornada estupenda en medio da natureza. Contemplamos a fermosura da vexetación, dalgúns bichiños que fomos atopando, do río e da súa música, da fervenza, das pequenas pontes…
Un grupo de alumnos quedou na área recreativa do Caneiro onde merendaron e xogaron, pero os nenos e nenas de 3º fixeron o tramo 2º de subir ata a Vacariza e nese percorrido ver unha fermosa fervenza que non estaba moi accesible.
Temos que dar as grazas á xente do grupo O Caxado con Chucho ao frente, que colaboraron con nós desinteresadamente e con moito agarimo cos nenos e nenas.
Resultou unha xornada moi gratificante.
MOITAS GRAZAS!!

lunes, 24 de mayo de 2010

ROTEIRO POLA DESEMBOCADURA DO RÍO SOR

Esta mañá de luns fixemos unha camiñata de algo máis de unha hora por un tramo das Ribeiras do Sor: dende Negradas ata O Barqueiro. Fomos catro cursos de primaria (1º, 2º, 3º e 4º) con catro mestres. Tamén nos acompañou Noelia como nai de David.
Esta actividade fixémola aproveitando a data do calendario medioambiental que adica este día ao Día Europeo dos Parques Naturais e que xa tíñamos programada dende AMA e o Departamento de E.F. de primaria.Hai que lembrar que as Ribeiras do Sor están declaradas como Espazo Natural Protexido.
Tivemos un tempo estupendo con moita calor e a experiencia de pasear entre a natureza mezclando río, mar, bosque, rural, pobo mariñeiro e ganas de ver e aprender cousas diferentes foi moi positiva.
A verdade é que cando chegamos ao porto do Barqueiro xa había ganas de descansar e de tomar un tentempé. Está claro que todos e todas foron uns campeóns xa que fixemos o traxecto en algo menos de tempo do previsto.
Quedaron ganas de voltar a facer un novo roteiro para o vindeiro curso!!!!!!!!!!!!!



Esforcémonos todos e todas en poñer en valor a fermosa natureza da que estamos rodeados.