miércoles, 18 de junio de 2008

A EXCURSIÓN CONTINÚA EN BETANZOS
















Logo de xantar e repousar un pouco voltamos ó autobús para que nos levara ata Betanzos. Como era cedo para entrar no Museo de Arte Contemporáneo pasamos media hora na plaza da Igrexa . Alí mercamos xeados para todos e todas e bebimos auga dunha fonte . A verdade é que facía moita calor.




Cando foi hora entramos no Museo e Maria, a guía, amosounos todo e deunos unhas explicacións moi interesantes. O que máis chamou a atención foi ver que na planta de abaixo había como uns obradoiros nos que se vía ós artistas traballar nas súas obras que logo colgan, na planta de arriba ,moitas delas. Vimos como as nosas camisetas con debuxos son elaboradas a través dos seus debuxos. Gustounos moito.




Cando rematamos esta visita baixamos andando un cuarto de hora ata o Parque do Pasatempo para merendar e xogar nos tobogáns e nos bambáns. Foi difícil facerlles ver que xa era hora de voltar para As Pontes. Gustoulles moitísimo os xogos deste parque, sobre todo o tobogán de curvas.



Supoño que ían ben cansos pero aínda aguantaban un rato máis.



Agora veredes algunhas fotos destas actividades que vimos de explicar.



Tamén hai que agradecer a atención das mestras acompañantes que foron Digna, Benita e unha servidora.



DEICA O VINDEIRO CURSO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡







SEGUIMOS DE EXCURSIÓN EN CABANAS








Logo da camiñata polas fragas chegamos sobre a unha ó pinar de Cabanas. Facía un día tan bo que xa de entrada puxémonos a xogar coa area e polo medio das árbores. xa sobraban camisetas e calzado. Había outros coles tamén de excursión. ¡ Que ganas tíñamos case todos de darnos un baño!, pero non íamos preparados para esa actividade. Estivemos un bo anaco xogando ata que houbo que parar un pouquiño para xantar o que levabamos nas mochilas. Algún e algunha decontado rematou.





EXCURSIÓN DE 1º CICLO DE PRIMARIA


O venres 13 deste mes saímos ás 9 e cuarto da mañá para facer unha viaxe que vos imos contar por fases. Primeiro toca falar das Fragas do Eume. Ó chegar estaba esperando por nós Nacho, así se chamaba o guía que nos levou case tres horas de camiñata para ensinarnos varias cousas. Aprendimos algunhas especies de plantas e animais que viven nas Fragas, en especial falounos das diferencias entre reos e troitas. Tivemos que pasar por unha ponte colgante que se movía e que daba algo de grima pero fomos moi valentes que a pasamos todos incluida eu que case non o creo. Pero mereceu a pena xa que o sendeiro estaba chachi e vimos unha curripa que non imos dicir o que é para que teñades que investigar un pouco.

Hai que salientar que cansamos moi pouquiño xa que a paisaxe compensaba todo e que botamos de menos a Loli, titora de 2º, que sabemos que viña de moi boa gana pero que aproveito para dende aquí darlle moitísimos ánimos de todos nós e que queremos vela axiña sen temas médicos polo medio. Un biquiño para ela.