Este venres foi día completo de actividades extra. Aparte da vídeoconferencia da que falamos antes tamén tivemos a festa do magosto.
No recreo comemos castañas asadas e bebimos batidos e augas , grazas ao traballo dos membros da ANPA. Logo fomos ata o pavillón a disfrutar de distintos xogos populares, organizados esta vez polo mestre de E.F., Pedro.Os xogos eran: zancos, corda, pano, brilé, carreira de sacos e carreira de fogazas.
Sobra decir que o pasamos xenial, que participamos todos e que de remate cantamos unha cantiga da castaña que aprendimos na clase de música con Marita.
FOI UN VENRES REDONDO!!!
viernes, 4 de noviembre de 2011
DEREITO DE GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO
Este venres asistimos na biblioteca á video-conferencia que se emitiu para escolas de primaria dende o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Fomos os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
MOITAS GRAZAS Á PROFESORA ISABEL FRAGA POLA SÚA CONFERENCIA!!!
A relatora foi a directora deste museo, Da. Mª Isabel Fraga Vila e versou sobre os bosques e a súa importancia para que recordemos que o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques.
Homenaxéase a figura de dúas científicas, Madame Curie e a matemática galega Maria Wonenburger polo seu labor científico e como representante dun grupo de mulleres que contribuiron a cambiar o papel da muller na ciencia.
A data de hoxe é doblemente importante porque o galego tamén serve para falar de asuntos de ciencia.MOITAS GRAZAS Á PROFESORA ISABEL FRAGA POLA SÚA CONFERENCIA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)