jueves, 20 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DA AUGA

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para lembrar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.

Un ben escaso

Dos niños transportan un cubo de agua
Nun mundo cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga pode parecer un contrasentido que o difícil acceso á auga potable sexa causa de enfermidades e pobreza para 1.500 millóns de persoas.
Porén, esa é a realidade. A auga apta para uso humano (doce, potable e de fácil acceso) é unha parte moi pequena do total e a súa escaseza non se debe só ás condicións naturais de determinadas rexións, senón que ten moito que ver co aumento da poboación, a dilapidación e a contaminación.
A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade no século XXI.
Ademais da auga para beber, a agricultura, a industria, a hixiene e a saúde, a calidade ambiental, etc., as posibilidades de desenvolvemento dun territorio e a súa poboación dependen da auga, da súa calidade e do seu consumo racional.

Un dato para a reflexión
O consumo medio de auga por habitante nun país industrializado como os Estados Unidos é de cerca de 2000 m3, mentres que nun país en desenvolvemento como Níxer é de 41 m3.

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo coincidindo co inicio da primavera celebramos o día da árbore que é un recordatorio da importancia de protexer os nosos bosques.
No Centro faranse unhas actividades ao longo da mañá relacionadas con esta conmemoración. Daremos conta delas unha vez rematadas.