viernes, 22 de marzo de 2013

NA BIBLIOTECA

Este venres puidemos asistir na biblioteca a unha actividade ben chula. Fomos parte dun público que vimos como os compañeiros e compañeiras de 3º de primaria representaban o conto da "Ratiña presumida" en inglés. Este conto se lle agasallou aos peques da gardería a semana pasada cando viñeron de visita ao centro. Nel tamén participamos todos nós coreando os debuxos que forman o libriño que levaron para a gardería.
A verdade é que están feitos uns artistas xa que o fixeron moi ben. Pasamos un ratiño entretido e moi agradable. E, por certo, gustounos moito ver á coelliña Angeles como os presentou e como nos agasallou con oviños de chocolate. Moitas grazas a todos!!



DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Os días 21 e 22 de marzo conmemóranse estas dúas datas medioambientais tan importantes para o ser humano. É moi importante que non sexa só un día máis senón que tomemos concienciación dunha vez por todas que todos estamos de paso por este planeta TERRA. Que temos unha misión que cumplir: tratalo como se merece para que o futuro da humanidade non sexa tan negro como estamos tendo o presente.
Hoxe tivemos a sorte de escoitar e ver o que nos contaron uns técnicos de AQUAGEST con referencia ao ciclo integral da auga. Falounos Natalia, que é química e responsable das plantas potabilizadoras, o camiño que segue a auga do pantano ata chegar ás nosas casas e logo ás depuradoras. Grazas a  Natalia e aos seus compañeiros así como ao concelleiro de Medio Rural que contactou con eles.