Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta benvida. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de enero de 2017

GRAZAS E BENVIDA

Ola a todos e todas. Chegou o momento de retomar este blog logo duns meses parado .
E que mellor que facelo dando as grazas a Lorena, mestra que estivo na aula de 4º levando o primeiro trimestre todo o peso do curso. Dámoslle as grazas de novo e convidámola a que se pase por aquí sempre que queira e poda. Dende aquí enviámosche a maior sorte na túa seguinte incursión no ensino.

E tamén quero agradecerlles o recebemento que hoxe me fixeron as nenas e nenos de 4º. Chegar á aula esta mañá e ver o mural primeiro e logo as cariñas de todos vós faime sentir algo tan fermoso como se fora o primeiro día dunha fructífera andaina nesta profesión maravillosa.

Un bico para Lorena e nenas e nenos de 4º.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!!!!

Os mellores desexos para un curso que empeza para estes 12 nenos e nenas de 2º. Comeza unha andaina que vai vir chea de novidades e retos que, estou segura, imos lograr chegar a un remate ben fructífero.
Un bico grandote da vosa mestra.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVID@S A UN NOVO CURSO!!!!!

Quero dar a benvida a este grupo de 19 alumn@s que comezan un curso de 4º que vai ser especial para todos nós. Traballaremos moito para conseguir uns resultados que ,coido, han ser moi positivos . Especial ten que ser ese recebemento para tres novos alumnos que se incorporan á nosa aula. Eles son: Alicia, Adrián e Dana.
A todos e todas vós un feliz comezo de curso.

(Podedes ver o mural tan chuli que hai na entrada do centro e que foi elaborado polos compañeiros josé Mª e Angeles L.)

jueves, 15 de septiembre de 2011

COMEZA UN NOVO CURSO

Dende esta entrada quero dar a benvida a 16 nenas e nenos que comezan este ano un curso de 3º de primaria. Xa levamos camiñando xuntos dous cursos e este ano únese a nós unha alumna nova, Bruna, á que acollimos con moito agarimo. A partir de agora esperamos contar o que nos vaia deparando estes 10 meses de estancia nun curso novo.