A Unesco proclamou en 1999 o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía e
convidou a nacións, entidades e organizacións a que se fixeran eco dunha
celebración que na Galiza ten, cando menos, 400 seguidores e seguidoras
que continúan mantendo o xénero como o máis visitado na creación
galega.
A Comisión da Cultura do Congreso dos Deputados decidiu adicar este ano esa data a Miguel Hernández.
No noso caso imos facer fincapé na poesía de Gloria Fuertes que neste ano cúmplese o centenario do seu nacemento. E como non, seguiremos a ler poesía dos nosos benqueridos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes.