jueves, 28 de enero de 2010

MAFALDA NA BIBLIOTECA

Un tema de visita desta semana á biblioteca foi o coñecer a Mafalda e os seus libros xa que moitos e moitas non sabían quen era.
Gustoulles ver os seus libros e ete vídeo vai en lembranza de Paula que sei que lle vai gustar e igualmente a todos e todas que queremos a PAZ en todos os ámbitos da vida.

SEGUIMOS VISITANDO A BIBLIOTECA

Esta semana voltamos a retomar o de ir un día á semana, polo menos, a nosa biblioteca. Dá gusto o chuli que está agora. Temos máis espazo, estamos moito máis cómodos tanto polos asentos novos como polo tipo de andeis onde están os libros. O dos asentos tamén é un dicir xa que algúns e algunhas aínda están máis a gusto polo chan. Mirade unhas fotiños deste último mércores. Como ese día non estaba David poñemos unha foto del deste luns dentro da aula.