jueves, 26 de marzo de 2009

PROXECTO: AS PLANTAS

Hoxe tocou facer dúas actividades relacionadas co tema que estamos traballando nestes días e que seguiremos un par de semanas máis que son " as plantas" e todo o que teña que ver con elas.Unha delas foi que investigamos as distintas sementes que tiñan as froitas. E aproveitamos para degustar e compartir distintos tipos de froitas no recreo de hoxe. A verdade é que mereceu a pena facelo xa que disfrutamos tanto recoñecendo algunhas non tan comúns como foi o caso da papaya e logo degustándoas. Tivo moita aceptación o melón!!!!!.




Logo de subir do recreo baixamos de novo ó patio, aproveitando a nosa hora de plástica, para facer un debuxo da planta ou árbore que máis nos chamara a atención do noso recinto do colexio. Outro día completaremos este traballo dándolle nome a cada especie das debuxadas e coñecendo as súas características máis peculiares.

COA PRIMAVERA CHEGA A LEDICIA DA NATUREZA

Teño que dicir que este ano temos un pouco esquecido o que son as actividades que se levan a cabo no horto e viveiro do noso cole. Os motivos foron varios, un dos máis claros é o tempo tan adverso que pasamos este outono e inverno. Choveu moitísimo , nevou, fixo frío e vento. Pódese falar dun inverno dos de verdade. Tamén houbo obras no viveiro polo que quedou destrozado todo o traballo destes anos. De tal xeito quedamos sen horto de aromáticas e todo ese espazo quedou superdeteriorado. Ata esta semana non se puido amañar algo e aínda continúan os operarios do Concello rematando de poñer algo de orden no noso viveiro.Vai ser difícil que este curso podamos prantar algo alí . O que sí odemos facer é ir colocando os testos que vaiamos enchendo con plantas. ese traballo fixémolo esta semana pasada e plantamos acivros e loureiros. Tamén participaron os nenos e nenas de 1º e o conserxe que nos axudou. Tamén preparamos e limpamos o horto pequeno para sementar ou plantar algo a vindeira semana.