Durante todo o día de onte celebrouse no parque de Culleredo, como todos estes anos, a festa de Voz Natura onde todos os colexios participantes na edición deste ano acuden con boa parte dos seus traballos, alumnado, profesorado e pais/nais. No caso do noso colexio desplazámonos sobre 50 persoas, case todas elas nun autobús. O día estivo moi ben en canto á climatoloxía e coido que cando rematou a xornada había cansanzo pero, sobre todo "eles" (nenos e nenas) viñan moi ledos de todo o que se divertiran.
Pola nosa parte levamos unha pequena mostra do que traballamos todo este ano a prol do medio ambiente.E como a teima persoal é continua seguiremos a fomentar o amor pola natureza e o coidado do medio ambiente en todos os campos.