lunes, 6 de junio de 2011

ACTIVIDADE MUSICAL

Hoxe tivemos a visita de Andy, que é profesora de iniciación á música no Conservatorio das Pontes, na aula de música do noso cole e na compañía de Marita, que é a nosa profe de música. Primeiro estivemos o alumnado de 2º e logo foron os de 3º e 4º. Tratábase de ver a música como algo divertido e así nolo fixo ver con algún xogo no que participamos todos. Rematou cantando dous fermosos contos titulados: "Alarma en la jungla" e "Por si no te lo he dicho". Foi unha experiencia moi divertida e na que aprendimos cousas ben chulis!!!!!!!!! Moitas grazas, Andy e volta cando queiras!!!!!!!!!