viernes, 6 de mayo de 2011

CONCURSO BOLIQUEIRAS

Este ano voltamos a participar, como todos os anos, neste concurso que convoca A Mesa pola Normalización Lingüística xunto co Concello. Faise coincidir por estas datas que conmemoramos as Letras Galegas. Este ano o tema era "Castelao, 125 anos do seu nacemento".
O noso traballo tiña que ver co Castelao debuxante. Traballamos cos seus debuxos aos que lles demos cor e puxemos textos inventados por nós. Titulámolo " A primavera de Castelao".
Este venres fomos a recoller o 5º premio na nosa categoría. O acto foi no Alovi e alí disfrutamos dunha contacontos e de todos e todas os compañeiros que alí había.
A foto recolle o momento de recoller o premio por parte de: Antía, Elia, Carmen e Eyob.