Hai unha semana tivemos a grata sorpresa de que a mestra Olalla, moi boa amiga nosa e que agora dá clases no cole veciño das Somozas, tiña que darnos algo. Tratábase dun testo con cenorias que plantaran na aula e que non tiñan un espazo onde facer o transplante. Entón pensaron en nós e xunto cunha carta moi chula escrita por eles contaban que querían que nós as plantáramos no noso horto.
Quedamos moi agradecidos e contestámoslles con outra carta e unha nogueira das que nós sementamos no outono. Seica a van coidar e para o vindeiro ano plantarán no seu patio.
Xa vos contaremos como van a seguir estas boas relacións que iniciamos desta maneira tan bonita.
E tamén o que pasa con esas cenorias que plantamos no noso horto.