YouTube - Oye a la naturaleza (Chúzalle en YouTube)
Hoxe é 5 de maio e polo tanto toca celebrar o día do medio ambiente.Pero, c0m0 case todo,non se trata de adicar un día a algo tan fundamental e importante como o tema desta data. Coido que ese traballo ten que ser continuo, constante,ás veces calado pero sen baixar a garda un só momento.Que é o medio ambiente?. Unha resposta tipo sería "O Coidado da natureza". E non se iría errado se a resposta fora profunda. O medio ambiente é todo: a alimentación, os deportes, a vexetación, os ríos, os mares, os medios de transporte, o lixo e a súa reciclaxe, os animais, a tecnoloxía,...Non remataría de enumerar os factores do día a día que entran dentro desta consideración.Quizás habería que falar do ""home"" como elemento clave en que este proceso de coidado da natureza e o medio ambiente fose todo o positivo que debería ser.Imos ser bos e pensar que a partir de hoxe, e non hoxe soamente, aportremos algo a este gravísimo problema do deterioro continuo que temos no noso PLANETA.