martes, 5 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

No día de hoxe fomos representando a todo o noso cole ata unha recepción no Concello. Fomos invitados por ter recibido o Premio provincial Voz Natura que recollimos este sábado día 2 na festa de Voz Natura. Apoveitamos para entregarle aoAlcalde un libro coa memoria de actividades que facemos na nosa Aula de Medio Ambiente e unha carta con inquedanzas sobre melloras sobre o medio ambiente na nosa vila. Nós tamén tivemos un agasallo que se nos deu ao remate do acto.
Gustounos moito esta experiencia. Tanto que de seguro repetiremos noutro momento.
MOITAS GRAZAS!!!.