sábado, 29 de noviembre de 2008
FIXEMOS E COMEMOS PAN!!!!!!
Este luns puidemos levar adiante unha experiencia moi saborosa ó tempo que moi interesante. Grazas á nai de Vicente, alumno de 1º, e sobre todo á súa avoa que fixo a masa o día anterior, os nenos e nenas de 1º e 2º amasamos e fixemos un boliño de pan coas nosas mans. Algún o fixo "preñado" xa que lle metían cachiños de chourizo. logo metémolos no forno para que se coceran e no recreo papámolos e ...que ben sabían!!!, e non vexades o arrecendo que había polas clases próximas e polos corredores. Quedounos ganas de probar outro día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)