viernes, 19 de junio de 2015

FIN DE CURSO

Remata este curso no que moito aprendimos e disfrutamos. Todos os momentos teñen a súa importancia e eu voume convencida de que o vindeiro curso temos moito que descubrir.
Disfrutade destas vacacións ben merecidas. Facede o que máis vos guste e vivide un verán pletórtico de emocións e bos momentos.
Vémonos en setembro ou calquera día polo pobo.
 Mil bicos!!!
Un par de fotos durante o festival deste venres no noso pavillón. Cancións e bailes ensaiados pola nosa mestra de música. Graciñas Marita!!
 


jueves, 18 de junio de 2015

INAUGURACIÓN DA ALAMEDA DAS ÁRBORES CELTAS NO CASTRO DA UZ

Este xoves voltamos a ir de visita ao instituto veciño. Era unha data importante para nós, estabamos convidados a dita inauguración. Entre as árbores, xa comentamos nunha entrada anterior,que había dúas abeleiras adicadas a nosa benquerida amiga Helena Villar Janeiro.
Aínda que tiña prevista estar presente non lle foi posible por motivos familiares. Pero nós tíñamos que estar. Varios motivos: que estabamos convidados por xente estupenda, que queríamos felicitar en persoa aos artífices dese fermoso proxecto, que recitabamos un poema do libro de Helena "As señoras cousas" e que tivemos a honra de ser os representantes de tan grande persoa e escritora. Este último foi o motivo de que nos entregaran unha abeleira que lle faremos chegar en canto poidamos facelo.
Quedamos encantados do ben que nos acolleron todos. E teño que felicitar aos meus nenos e nenas polo seu comportamento e a súa actitude en todo o acto. Un bico para eles!!






miércoles, 17 de junio de 2015

CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Dende os Departamentos de E.F. de primaria e A.M.A. propuxemos facer este ano un tramo do Camiño dos Arrieiros ao colectivo de toda a primaria. Esta camiñata vense a facer dende hai 6 anos facéndoa coincidir nas datas intermedias do Día Mundial do Medio Ambiente e o remate de curso.
O de facer este tramo tivo moito que ver coa unidade didáctica que nos presentaron membros da Asociación da localidade Plataforma moi ben esquematizada para traballar na aula no vindeiro curso. Estivemos moi ben acompañados por Xose e Lois que nos explicaron todo o referente á historia e arqueoloxía relacionada con este Camiño ancestral e tamén por Gustavo como Técnico Medioambiental e coñecedor da flora e fauna que puidemos apreciar nesta excursión. Non esquecemos a un pequeno grupo de persoas pertencentes ao Club de montaña O Caxado que sempre teñen o detalle de acompañarnos nestas saídas. E por se non fora suficiente esta interesante compañía tamén nos acompañou o compañeiro José María que é ben coñecedor deste Camiño.
A todos eles moitas grazas!!





Soamente temos que dicir que non houbo tempo suficiente para rematar o trozo que pretendíamos nun principio. Chegamos ata o Forno dos Mouros situado nunha gran mámoa da Serra da Faladoira. Esta construcción chamounos moito a atención. está claro que temos que voltar para completar este Camiño e seguir a investigar e aprender sobre el.





viernes, 12 de junio de 2015

EXCURSIÓN A PADRÓN E SANTIAGO

Este venres saimos de viaxe todo o alumnado de primaria xunto con nove profes. Logo de preto de dúas horas en autobús chegamos a Padrón onde visitamos as Casa Museo de Rosalía. Gustounos moito poder ver un espazo no que Rosalía, grande escritora da que somos seguidores, pasou os últimos anos da súa vida.





  Como había algo de tempo ata que chegar o tren que nos levaría ata Santiago achegámonos ata o Parque Botánico. Unha preciosidade de entorno. Alí xogamos un rato.









Subimos no tren e algún de nós un pelín nervosos xa que era a 1ª vez.

 


O xantar non puido ser na Alameda xa que chovía nesos momentos e fomos ata un lugar cuberto para comer con tranquilidade .
Sobre das 4 da tarde levounos o autobús ata preto da Catedral. Camiñamos sobre unha hora vendo a fermosura do entorno da Catedral coas súas prazas e edificios maxestuosos e moi ben explicados por Anxel que fixo de guía do grupo de 1º e 2º. Cantas cousas aprendimos. Moitas grazas por ternos acompañado ese ratiño.










 Pasaba algo das 7 da tarde cando chegamos ao cole xa de volta.
Gustounos moito e aprendimos un montón!!

sábado, 6 de junio de 2015

A NOSA FESTA DO MEDIO AMBIENTE: VOZ NATURA

Como colofón a todo un ano de actividades a favor da boa conservación do noso medio e logo de traballar tanto na aula como no entorno do cole como noutras áreas da vida diaria, tocaba ir a celebrar unha xornada de diversión con actividades programadas dende a Organización de Voz Natura como LEVAMOS FACENDO todos estes anos. E sabido é que faise coincidir co Día Mundial Do Medio Ambiente QUE SE CONMEMORA O DÍA 5 DE XUÑO.
Foi un día completo e divertido para os peques e familias que ata alí nos achegamos. 
Moitas grazas aos que nos acompañaron e a todo o equipo que fixo posible que a festa fora total.





viernes, 5 de junio de 2015

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Preservar e mellorar o medio ambiente, con ese obxectivo creou a ONU en 1972 un día como o de hoxe. Evitar o dispendio alimentario, e impulsar a produción sostible e o consumo responsable son os eixes deste ano. Xestos positivos en beneficio do planeta cos que todos saímos gañando.