lunes, 15 de febrero de 2010

LIBROS QUE AXUDAN

Pensando en David e o seu entorno, ao igual que tod@s aqueles que precisan dun apoio especial.
Trátase dunha nova que escoitei onte na radio de voz da súa autora, Alicia Suárez.
Bravo por todas estas iniciativas que pretenden mellorar o xa difícil camiño destas persoas tan indefensas.

www.kalandraka.com

MAKAKIÑOS DÍA A DÍA é unha nova liña editorial
desta colección creada para achegar a lectura a
persoas con necesidades educativas especiais.

Nicolás va de compras” e “Nicolás cocina sin fuego
son guías complementarias que os apoian no camiño
para adquirir autonomía e autosatisfacción. Porque
“un pequeno paso de formiga pode converterse nun
paso de xigante”...
Coa guía de tendas visitarán establecimentos onde se
adquiren produtos de alimentación (froitería,
verdulería, carnicería, peixería, panadería-pastelería,
supermercado), prendas de vestir (tenda de roupa,
zapatería), obxectos de agasallo (xoguetería,
floristería, libraría) e espazos de ocio (cafetería). De
cada un amosa a lista de artigos que se poden
atopar.
Co libro de receitas poden preparar pratos sans,
nutritivos e saborosos, que se elaboran de xeito
sinxelo, sen ningún proceso de cocción: canapés,
sandwich e ensaladas para comer; brocheta de
froitas e macedonia; boliñas de coco, trufas de
chocolate, mousse de limón e xeado de plátano para
tomar de postre; bebidas como zume de laranxa,
batido de fresa e sorbete de melón. Tras repasar os
ingredientes e utensilios necesarios, e indicar o grao
de dificultade, descríbese o proceso de preparación.
Para gozar do ambiente áxil e dinámico da cociña,
entre sabores, cores e aromas.
Os textos adaptáronse á linguaxe de pictogramas
SPC, o sistema de comunicación utilizado polas
persoas con discapacidade intelectual, como autismo,
disfasia e outros trastornos do desenvolvemento.
Como novidade, as páxinas están encadernadas en
espiral para facilitar o uso destes libros, que inclúen
pegatinas, a modo de diccionario mímico, para que
os usuarios poidan amosalas cando fagan a compra
ou preparen as receitas culinarias.

MAKAKIÑOS é unha iniciativa pioneira da Asociación
BATA e KALANDRAKA para superar as barreiras da
incomunicación: libros “de fácil lectura” que buscan
maior concreción e comprensión a nivel escrito e
visual. A colección xa conta con adaptacións dos
contos tradicionais titulados “El conejo blanco”, “La
ratita presumida”, “Chivos chivones” e “El patito feo”.
NICOLÁS VA DE COMPRAS NICOLÁS COCINA SIN FUEGO
comunicacion@kalandraka.com | www.kalandraka.com