Este mércores e xoves fixemos unha excursión a Manzaneda. Fomos os cursos de 4º, 5º e 6º cos profes Angeles Lourés, Paco e Fina.
Esta viaxe era o premio de Voz Natura que tivemos a nivel provincial polas actividades feitas dende A.M.A.
Disfrutamos moito xa que tivemos moi boa climatoloxía. Houbo actividades dirixidas por monitores: tiro con arco, cars, sendeirismo, escalada, velada nocturna. Aprendimos moito e foi unha bonita experiencia para todos.