O escritor homenaxeado este ano foi Roberto Vidal Bolaño. Con tal motivo levamos traballando o concepto do teatro dende hai uns meses. Desta forma xa traballamos a obra de "Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta" por grupos en diferentes momentos do horario de clase.
Tamén participamos na edición deste ano do certame das Buliqueiras que promoven dende a Mesa pola Normalización Lingüística do noso pobo. Participamos con dous traballos feitos en grupo e quedaron unhas obriñas ben xeitosas.
Ao tempo estivemos ensaiando, xunto con 3º, un teatriño que quedou ben chulo. O título: "Coida a lingua". Foi esta obriña a que representamos no Festival das Letras Galegas que fixemos este martes 21 de maio. Para elo fomos todo o cole ata o cine Alovi e alí puidemos participar con esta representación e cun baile:"O parampampero" que tamén tivemos de compañeiros á clase de 3º eque ensaiamos coa profe Marita.
Disfrutamos moito tanto co que nós levábamos preparado como vendo e escoitando aos demáis compañeiros.