viernes, 18 de diciembre de 2015

NADAL

Neste mes de decembro fixemos actividades que tiñan que ver cos adobíos da nosa árbore de nadal e aos ensaios para o festival que tivemos hoxe no Alovi. Manualidades feitas cun calcetín reciclado que rematou sendo un boneco de neve para colgalo da nosa árbore, arboriñas feitas con rolos de papel e cartolinas decoradas, estrelas decoradas...Ensaiamos o poema de Manuel María, "A estrela sen nome" que recitamos no escenario o día do festival. Tamén fixemos un baile ensaiado con Marita.





 Tamén se repartiron os agasallos aos premiados na elaboración do calendario 2016. No caso de 3º foron elexidos Noa e Óscar. Parabéns a eles dous en especial e a todo o grupo igualmente por participar con traballos ben chulos.






lunes, 30 de noviembre de 2015

VISITOUNOS UN GRUPO DE NENOS, NENAS E PROFES DE ASPANAES

Puidemos disfrutar da visita destes compis que compartiron unhas actividades con nós. Sementamos noces e castañas en tetrabricks reciclados e decorados por eles. Tamén nos explicaron como aprendían eles con pictogramas e xuntos elaboramos un mural con recortes para formar a roda dos alimentos. Gustounos moito ter pasado esta experiencia con este grupo de nenos. Quedamos en voltar un día ao seu cole. Moitas grazas pola visita!!!











miércoles, 18 de noviembre de 2015

TRABALLAMOS NA BIBLIO

Neste mes de novembro houbo dúas sesións de Relixión/Alternativa conxuntas na biblio. A profe Ana e a titora Fina compartiron espazo e actividade. Completamos parte do mural que se estivo a facer por parte de todos os cursos e que trataba de representar o poema adicado ao medo, de Manuel María, e co título "O lobo".





miércoles, 11 de noviembre de 2015

DEPORTE NA FRAGA

Este mércores houbo unha acvtividade deportiva con todos os centros escolares de primaria. Desplazámonos en autobús ata a Fraga para correr un tramo dese fermoso entorno que temos na nosa vila. Disfrutamos dunha mañá solleira.
Aproveitamos esta foto na que incorporamos á nosa aula de 3º un novo compañeiro. Chámase André e ven de Mallorca. Benvido!!!

martes, 3 de noviembre de 2015

MAGOSTO E SAMAÍN

Este ano celebramos o magosto antes que outros anos. Así coincidiu co Samaín. Fixemos unha castaña de fieltro que nos serviu de broche. Tamén utilizamos un tetrabrick para facer o cestiño co que recoller as castañas que, ao igual que todos os anos, a ANPA nos agasalla no recreo xunto con batidos. Este ano foi unha gozada disfrutar desta actividade no patio exterior xa que a climatoloxía non podía estar mellor. Ao rematar de comer as castañas puidemos seguir pasándoo moi ben cos xogos que nos tiña preparado Pedro.


Como facemos todos os anos participamos no certame concurso que propón o Concello con motivo da Feira de fungos e cogumelos que organiza dende hai moitos anos. Este ano fixemos un traballiño escrito titulado "Versos a un cogumelo". Escribimos e ilustramos todos o que inventamos para esta ocasión. Resultou que levamos un premio que recolleron agún de nós ese domingo da Feira.


jueves, 22 de octubre de 2015

INVERNADOIRO

Tocou achegarnos ata o invernadoiro e recoller os productos que alí había. Puidemos ver que as fabas xa estaban case secas para poder  facer con elas un posible caldo ou facer que nos sirvan de semente para a vindeira plantación. Tamén pementos e coles que utilizaremos igualmente como semente na primavera.


martes, 13 de octubre de 2015

SEMENTAMOS

Chega o mes de outubro e con el unha das actividades anuais cotiáns no noso cole. Trátase de plantar sementes autóctonas que coidaremos para que nazan novas árbores. Este ano foron noces e abelás que metemos en testos que coidaremos nas aulas ata que prendan . A ver se este curso temos máis sorte que o pasado que non todas se nos lograron.


 





 


 


 






miércoles, 30 de septiembre de 2015

lunes, 28 de septiembre de 2015

PARABÉNS HELENA

Comezamos un novo curso que virá cargadiño de boas e gratas experiencias. Imos facer o posible para que sexa así. Xa incorporada cos meus alumnos e alumnas de 3º iniciamos este blog mandando os parabéns polo seu cumpreanos a unha moi querida amiga: HELENA VILLAR JANEIRO


viernes, 19 de junio de 2015

FIN DE CURSO

Remata este curso no que moito aprendimos e disfrutamos. Todos os momentos teñen a súa importancia e eu voume convencida de que o vindeiro curso temos moito que descubrir.
Disfrutade destas vacacións ben merecidas. Facede o que máis vos guste e vivide un verán pletórtico de emocións e bos momentos.
Vémonos en setembro ou calquera día polo pobo.
 Mil bicos!!!
Un par de fotos durante o festival deste venres no noso pavillón. Cancións e bailes ensaiados pola nosa mestra de música. Graciñas Marita!!
 


jueves, 18 de junio de 2015

INAUGURACIÓN DA ALAMEDA DAS ÁRBORES CELTAS NO CASTRO DA UZ

Este xoves voltamos a ir de visita ao instituto veciño. Era unha data importante para nós, estabamos convidados a dita inauguración. Entre as árbores, xa comentamos nunha entrada anterior,que había dúas abeleiras adicadas a nosa benquerida amiga Helena Villar Janeiro.
Aínda que tiña prevista estar presente non lle foi posible por motivos familiares. Pero nós tíñamos que estar. Varios motivos: que estabamos convidados por xente estupenda, que queríamos felicitar en persoa aos artífices dese fermoso proxecto, que recitabamos un poema do libro de Helena "As señoras cousas" e que tivemos a honra de ser os representantes de tan grande persoa e escritora. Este último foi o motivo de que nos entregaran unha abeleira que lle faremos chegar en canto poidamos facelo.
Quedamos encantados do ben que nos acolleron todos. E teño que felicitar aos meus nenos e nenas polo seu comportamento e a súa actitude en todo o acto. Un bico para eles!!






miércoles, 17 de junio de 2015

CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Dende os Departamentos de E.F. de primaria e A.M.A. propuxemos facer este ano un tramo do Camiño dos Arrieiros ao colectivo de toda a primaria. Esta camiñata vense a facer dende hai 6 anos facéndoa coincidir nas datas intermedias do Día Mundial do Medio Ambiente e o remate de curso.
O de facer este tramo tivo moito que ver coa unidade didáctica que nos presentaron membros da Asociación da localidade Plataforma moi ben esquematizada para traballar na aula no vindeiro curso. Estivemos moi ben acompañados por Xose e Lois que nos explicaron todo o referente á historia e arqueoloxía relacionada con este Camiño ancestral e tamén por Gustavo como Técnico Medioambiental e coñecedor da flora e fauna que puidemos apreciar nesta excursión. Non esquecemos a un pequeno grupo de persoas pertencentes ao Club de montaña O Caxado que sempre teñen o detalle de acompañarnos nestas saídas. E por se non fora suficiente esta interesante compañía tamén nos acompañou o compañeiro José María que é ben coñecedor deste Camiño.
A todos eles moitas grazas!!





Soamente temos que dicir que non houbo tempo suficiente para rematar o trozo que pretendíamos nun principio. Chegamos ata o Forno dos Mouros situado nunha gran mámoa da Serra da Faladoira. Esta construcción chamounos moito a atención. está claro que temos que voltar para completar este Camiño e seguir a investigar e aprender sobre el.