sábado, 9 de junio de 2012

IMOS DE EXCURSIÓN!!!!

Este venres tocou ir de excursión de remate de curso ao 1º e 2º ciclos de primaria. Saímos ás 9 e media en dous buses cara a Arteixo. Alí visitamos as instalación da VOZ e tivemos como guía a Alvaro que durante algo máis dunha hora explicounos moitas cousas interesantes sobre a elaboración dun xornal e outras lerias.
Arredor da unha da tarde estabamos na estación do tren da Coruña onde xantamos e esperamos para coller o tren que nos levaría ata Betanzos. Unha vez alí andivemos un cachiño ata o Parque do Pasatempo que nos engaiolou coa súa fermosura. A pena foi ver o descoidado que estaba todo aquilo. Pero aínda así segue parecéndonos un lugar un tanto "máxico". Para rematar a xornada quixemos facelo no parque de xogos que hai ao pé do Pasatempo.
O bo tempo acompañounos a pesar de ameazar choiva pola mañá. Foi unha xornada ben divertida e acabamos algo cansadiños pero moi ledos coa experiencia vivida.