viernes, 23 de noviembre de 2012

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS: SEMENTAMOS

Con motivo desta data que conmemoramos a través do noso calendario medioambiental, o curso de 4º, xunto con outros cursos de primaria, fixemos unha actividade que xa ven sendo habitual todos os outonos. Baixamos ata o viveiro para sementar castañas, noces e abelás. O proceso foi encher de terra varios testos onde metimos a nosa semente que logo tapamos e colocamos dentro do invernadoiro. A idea é que este ano se nos logren máis arboriñas que o ano pasado. Contamos que os ratiños e os paxaros non vaian tan fácilmente a elas. 


Temos que decir que, boa parte desas árbores que temos no viveiro e que xa levan algún tempo medrando, se podan plantar a vindeira semana por parte de compañeiros de outros cursos. Esta vez farase en Marraxón que é un espazo que, no seu momento, foi vertedoiro municipal. A idea é transformar un lugar, onde había lixo e refugallos, nun bosque autóctono e área de lecer.