Estamos en pleno apoxeo de vacacións de decembro.
Quería poñer unhas fotos do festival do venres 19 que celebramos na Casa Dopeso pero non me vai a ser posible facelo, co cal subireinas na próxima entrada.
Pois sí que fixemos un festival moi chuli onde houbo moita variedade de actuacións. O curso de 2º xunto con 1º interpretou unha obriña moi agarimosa titulada "Quérote moito". Fixéstelo moi, moi ben, noraboa!.Tamén cantaron unha panxoliña e fixeron un baile moi divertido.
Agora toca descansar, divertirse, relaxarse e cargar pilas para voltar con moitas ganas o día 8 de xaneiro.
Cun sorriso enorme dígovos: Facede aquelo que vos faga felices, desa maneira faredes felices ós que vos queren.
Biquiños e Bo Nadal!!!.
Escoitade e vede un vídeo que a min resúltame moi relaxante e divertido.