Onte conmemoramos dúas datas moi importantes. Era o día da árbore e hoxe o día da auga.
Durante toda a mañá contamos coa presenza dun grupo de persoal do Distrito Forestal de Ferrol con Mónica Estévez como técnica responsable. Moito saben sobre o coidado e mantemento dos nosos bosques e ríos. Todo o alumnado pasou pola biblioteca en diferentes quendas para escoitar e visualizar o que alí nos contaron. Houbo de todo: vídeos, contos, xogos, explicacións, cancións. A verdade é que a parte de aprender moito divertímonos e concienciámonos, se cabe, un pouco máis.
Aquí vos deixo unha mostra do noso paso (1º, 2º e 3º de primaria) pola biblioteca no día de onte.
Moitas grazas a todos eles e en especial a Mónica que programou unhas sesións didácticas que gustaron moito. Queremos seguir contando con vós en vindeiras ocasións. E tamén aproveito para destacar o voso traballo en favor sempre do noso medio ambiente.
Outra actividade foi transplantar os castiñeiros que tíñamos na nosa clase. Lembrades que sementáramos castañas no outono??, pois estivémolas coidando na aula con moito mimo!!!!. E agora chegou o momento de darlles un pouquiño máis de espazo. Tivemos a axuda do noso conserxe José Antonio ao que lle queremos dar as grazas por botarnos unha man.
Mirade que grandes van!!!!