Xa comezamos cos traballos reciclados que temos que presentar ata o 31 de marzo. Estes traballiños facémolos na casa coa axuda dos nosos maiores. O importante é participar e pasalo ben mentres fas esa actividade. E TI? AÍNDA NON EMPEZACHES¿
sábado, 15 de marzo de 2008
VISITA A RECICLATERRA
Na última semana de marzo fomos en autobús a Ferrol varios cursos do noso cole. Íamos ver unha obra de teatro que estivo moi chuli e logo os peques de infantil e o noso curso de 1º achegámonos ata Reciclaterra que é unha caseta feita no antigo vertedoiro de Mougá . Alí estaban esperando dúas monitoras moi atentas que nos explicaron e ensinaron cousas que teñen que ver co reciclado. Mirade unha pequena mostra.Sí que o vimos moi interesante pero foi moi pouquiño tempo. ¡VOLTAREMOS SEGURO!
OBRADOIRO DO BÁLSAMO PARA MASAXES
Hai tres semanas pasamos por unha experiencia diferente na nosa clase xa que puidemos seguir o proceso para elaborar unha crema moi curativa.Veu a explicárnoslo Elena Arnoso que sabe moito de productos naturais . Dende esta ventaíña queremos darlle as grazas. Aí tedes a receita por se queredes practicar na vosa casa :
- 60 ml aceite de coco
- 2 g. cera de abellas
- 1 g. de alcanfor
- 6 gotas de aceite esencial de tomentelo, 6 de menta piperita, 6 de clavo, 6 de romeu e 6 de eucalipto.
Fundir ó baño maría a cera e agregarlle os ingredientes graxos (aceite e alcanfor).
Mover e apartar do lume engadindo as esencias pouco a pouco.
Cando arrefríe un pouco xa o podemos meter nos envases de cristal.
As indicacións son diversas: artrosis, reuma, dores articulares. Tos, gripe, friaxes, asma, bronquite. Analxésico para dores de cabeza, riñón fígado, estómago, intestino.
ENTROIDO 2008 (2)
ENTROIDO 2008 (1)
Este ano non fixemos os traxes na clase xa que aproveitamos a capa marela do curso pasado e a decisión foi que cada un de nós viñera do que máis lle gustara da súa casa. A verdade é que quedou un mosaico chulísimo coa variedade de disfraces que se chegaron a facer cunha mesma capa.Vede unha pequena mostra do chulis que quedaron.
PROCESO DAS SEMENTES (2)
As sementes que sementamos en outono van agromando pouquiño a pouco.Sacamos unhas fotos con compañeiros de outras clases onde se pode ver como algunhas van xa moi altas, outras algo menos e moitas delas aínda lles está costando sair.Seguiremos a coidar delas a ver se en maio xa as temos todas nacidas. ¿Vedes as nogueiras que velocidade levan?.
PROCESO DAS SEMENTES (1)
MAIS ACTIVIDADES
Participamos no mes de novembro nun concurso de manualidades para a feira de fungos e cogumelos que se celebra no noso Concello dende hai uns anos. Fixémolo cun traballo conxunto as clases de 1º e 2º e gañamos un premio. Gustounos moito facer os cogumelos coa plastilina e tamén ser gañadores con esa actividade.
ALGUNHAS ACTIVIDADES NESTE CURSO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)