Xa era hora de poder ir plantar no horto do cole. Veredes unha 1ª imaxe de como estaba de todo este inverno de tanta inclemencia. Este luns baixamos o noso curso e a clase de 5 anos.Tivemos a axuda dun experimentado agricultor. Trátase de Abel que trouxo as plantiñas, sementes e máis botou unha man para mover a terra do horto e de abonala.
Plantamos espinacas, repolo, leitugas,fabas, xudías, patacas,cabazas e calabacín.
Tamén na parte de atrás do invernadoiro sementamos cabazas co ánimo de ter a colleita cando sexa o Samaín.
Da mesma maneira operarios do Concello remataron de preparar a desfeita que houbo este inverno no invernadoiro.
Así que agora queda coidar da plantación e ver como medran esas hortalizas!!!
1 comentario:
Pois si, era hora, xa está rematando o curso, así que aproveitade este mes ao máximo. E o curso que ven a recoller a colleita.
Publicar un comentario