jueves, 18 de mayo de 2017
CONTOS DO SOL E A LÚA
Era un agasallo do GADIS con motivo da celebración das Letras Galegas. Aínda que non temos un por neno e nena imos ver de solucionalo o mellor posible. De entrada estamos compartindo os comezos da súa lectura. E moito nos está gustando. Moitas grazas por esta lindeza!
martes, 24 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA
Moitas grazas!!!
miércoles, 18 de mayo de 2016
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Un bico para todos vós. SODES O MILLOR!!!
Unha cousa teño moi clara...que se Manuel María nos vira ía estar super feliz e facéndonos un guiño.
martes, 17 de mayo de 2016
LETRAS GALEGAS.:MANUEL MARÍA
Historia do Día das Letras Galegas
O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas no seguinte escrito presentado á Academia:
Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da Xunta xeneral da "Real Academia Gallega", a seguinte proposta:
1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de palabra e poesía.
3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.
5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas.
6º.- De atopar eco no acordo dos numerarios da Corporación o contido dista proposta, compriría dalo a conocer en Nota oficial, recabando a colaboración dos centros culturás de Galicia e a de todos os Centros Galegos do mundo, pra percurar o ésito consagratorio da celebración.
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, tal como se recolle na acta da sesión:
[...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o 17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada efemérede. [...]
Tratándose, xa que logo, do centenario da súa obra, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada á que continuarían, desde esa data e sen interrupción, outras moitas figuras senlleiras da nosa cultura, elixidas en Xunta Ordinaria pola Academia, como se recolle nos seus Estatutos:
(Capítulo 1, Artigo 2):
Son finalidades da Real Academia Galega
Decidi-la personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das letras Galegas.
(Capítulo 2, Artigo 7)
Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente.
lunes, 18 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS
sábado, 17 de mayo de 2014
viernes, 16 de mayo de 2014
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Quero felicitar aos meus 11 artistas que o fixeron xenial e merécense un aplauso ben forte. Grazas igualmente a Marita, a nosa profe de Música, e aos papás e familiares que se achegaron ata o cine para vernos.
Queda por subir o vídeo que en canto o teña preparado xa o fago. Pero non podía esperar en darlle os parabéns polo seu bo facer. Un bico enorme para estos nenos e nenas de 1º.
lunes, 12 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS
O persoeiro homenaxeado este ano é o case veciño Xosé Mª Díaz Castro.
Na aula estamos traballando sobre a súa obra e a súa vida.
Pero como sabemos que a orixe desta festividade parte da nosa Rosalía de Castro a Ela queremos rendirlle unha homenaxe. Por iso estamos a ensaiar un poema desta grande escritora titulado "Un repoludo gaiteiro". Faremos unha humilde representación este venres no festival que celebraremos no cine Alovi.
Xa vos contaremos!!!
martes, 21 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS
Tamén participamos na edición deste ano do certame das Buliqueiras que promoven dende a Mesa pola Normalización Lingüística do noso pobo. Participamos con dous traballos feitos en grupo e quedaron unhas obriñas ben xeitosas.
Ao tempo estivemos ensaiando, xunto con 3º, un teatriño que quedou ben chulo. O título: "Coida a lingua". Foi esta obriña a que representamos no Festival das Letras Galegas que fixemos este martes 21 de maio. Para elo fomos todo o cole ata o cine Alovi e alí puidemos participar con esta representación e cun baile:"O parampampero" que tamén tivemos de compañeiros á clase de 3º eque ensaiamos coa profe Marita.
Disfrutamos moito tanto co que nós levábamos preparado como vendo e escoitando aos demáis compañeiros.
viernes, 11 de mayo de 2012
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
sábado, 5 de mayo de 2012
viernes, 4 de mayo de 2012
V CERTAME BULIQUEIRAS
martes, 17 de mayo de 2011
17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS
Foi este un poeta da nosa terra que, aínda que nos deixou moi novo, a súa pegada é moi importante.
Soamente dicir que o que ven de seguido, estou segura que Lois opinaría o mesmo.
jueves, 12 de mayo de 2011
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
Sabemos que o escritor homenaxeado este ano é Lois Pereiro. por tal motivo o mural que encabezaba o acto, estaba adicado a este autor.
Xuntámonos todos os cursos de infantil e primaria do noso cole e cada quen representou as cancións, bailes, obras, presentacións, graduación de 5 anos, entrega de premios dos concursos de Reciclado e Letras Galegas, como mellor soubemos, logo dos ensaios que lle adicamos estas semanas anteriores.
Estivemos acompañados de todo o profesorado e de pais, nais e familiares dos nenos e nenas.
Resultou un acto ben chuli e ben completo.
A nós tocounos bailar unha peza do Xabarín titulada: "Prefiro bailar twist", que o fixemos coa clase de 1º. A verdade é que era moi divertida e que quedamos satisfeitos. Esperamos que tamén gustara a todo o público, xa que foi bailada con todo o cariño. GRAZAS A TOD@S!!!!
viernes, 6 de mayo de 2011
CONCURSO BOLIQUEIRAS
O noso traballo tiña que ver co Castelao debuxante. Traballamos cos seus debuxos aos que lles demos cor e puxemos textos inventados por nós. Titulámolo " A primavera de Castelao".
Este venres fomos a recoller o 5º premio na nosa categoría. O acto foi no Alovi e alí disfrutamos dunha contacontos e de todos e todas os compañeiros que alí había.
A foto recolle o momento de recoller o premio por parte de: Antía, Elia, Carmen e Eyob.
viernes, 21 de mayo de 2010
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CERTAME "AS BOLIQUEIRAS"
O acto estivo moi completo, veuno a presentar o escritor e mestre Antón Cortizas que tamén entregou todos os premios. Foi amenizando esta entrega con adiviñas ben graciosas.
Do noso cole tamén estaban nenos e nenas de outras dúas clases que resultaron igualmente premiadas e eran a de 2º de primaria e a de 5 anos de infantil xunto coas profes Oliva, Marita e Marga. Igualmente houbo un premio para un alumno de secundaria do noso cole.
Como remate deste acto puidemos ver unha obra de teatro titulada " Contos mariñeiros"que resultou moi entretida.
A verdade é que disfrutamos dun acto de recoñecemento da nosa lingua que mereceu a pena estar nel.
Moitas grazas a todos: alumnos, alumnas, pais e nais que se pasaron polo cine Alovi este venres.
jueves, 20 de mayo de 2010
SEMANA LETRAS GALEGAS : EXPOSICIÓN E OBRADOIROS
O xoves fomos ver unha exposición de artesanía no Mercado Vello promovida pola
Asociación de Artesáns do Eume na que vinculan ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra, coa artesanía.
A exposición xira arredor da figura do homenaxeado, relacionando os seus poemas coas pezas dos artesáns nunha dualidade poesía-artesanía e abarca todo tipo de técnicas (pirogravado, torneado, talla de madeira, encaixe,...) e materiais (pedra, madeira, tecidos...).
Participamos nesta actividade o alumnado do 1º ciclo de primaria. Resultou moi didáctica, divertida e entretida. Puidemos elaborar unha flor reutilizando papeis de xornal e facer o noso nome nunha peciña de madeira por medio do pirogravado.Tamén agasallaron co libro recén presentado “Manuel na feira de artesanía”. Trátase dun conto infantil feito pola artesá Lourdes Acera.
Estivo todo xenial. Moitas grazas a todos estes artesáns pola paciencia e adicación.
miércoles, 19 de mayo de 2010
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: TEATRO
Comezamos asistindo, este martes, a unha entretida obra de teatro no Alovi titulada "Dos pallasos en apuros" e que estaba promovida pola ANPA do noso centro. Foi moi divertida . Nela puidemos ver un Quijote e Sancho un tanto especiais, tamén representaron a un Guillermo Tell con moi pouca puntería e rematamos vendo unha parella de dentistas con moi pouca mañá. A verdade é que o bo humor estivo ben servido.
lunes, 17 de mayo de 2010
UXÍO NOVONEYRA : POETA GALEGO
É sumamente importante que esta homenaxe a este persoeiro sexa nun ano tan crítico para a nosa LINGUA, logo do seu poema "Letanía de Galicia".
É preciso que tod@s, galegos e galegas, recapitulemos co que está a pasar neste mundo de tanta incoerencia. Non sei o que será normal pero sí sei que, dende o ensino ( palabra ben fermosa, por certo) temos que facer a forza suficiente para que a nosa riqueza cultural, patrimonial, de sentemento, dos nosos antergos, dende o respeto, dende o amor, dende a tolerancia, dende a non permisividade, dende o profundo do noso ser.....sigamos mantendo VIVO o ben máis auténtico que é a nosa lingua : O GALEGO.
Fagámolo por xente como Uxío e tantos outros que traballaron en prol dela pero sobre todo fagámolo por nós mesmos e non perder a nosa verdadeira identidade.
Os nosos antergos merécenno e os nosos fillos igual.
NON O DEIXEMOS ESMORECER!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
















