sábado, 31 de marzo de 2012

DEPORTE ESCOLAR NO PAVILLÓN DA FRAGA

Na última semana de marzo achegámonos ata o pavillón municipal todos nós xunto con nenos e neneas de 2º e 6º de primaria para participar nunha serie de xogos e deportes organizados dende a consellaría e a través da ANPA. Había nenos e nenas doutros centros e foi unha xornada divertida. De volta ao centro fixémolo andando xa que facía unha mañá soleada.

viernes, 30 de marzo de 2012

INVERNADOIRO

No mes de decembro remataron de facer o invernadoiro dentro do viveiro do centro. Foi grazas ao traballo da xente dos obradoiros de carpintería, albanilería e xardinería dependentes do Concello. A todos eles moitas grazas, en especial a Abel que se preocupou especialmente en que todo saira ben e colaborou en varias actividades levadas a cabo pola nosa AMA. Podemos ver un seguemento de como estaba ao principio no mes de Setembro e como rematou en decembro. A dia de hoxe xa fixemos varias actuacións no seu interior. Varios grupos de alumn@s plantaron distintos productos. No caso de 3º de primaria plantamos bulbos de flores en testos e plantiñas de vinca (enredadeira que servirá para tapizar parte do viveiro) nunha primeira data. A 2ª vez plantamos amorodos xunto con 4º de primaria.

viernes, 23 de marzo de 2012

EXPERIMENTOS NO DÍA DA AUGA

Unha actividade que realizamos para conmemorar este día foi realizar experimentos con este elemento: "a auga". primeiramente fixemos diversas experiencias na clase de inglés coa súa profe, Angeles.Logo foron recollidas en murais conxuntamente co resto de cursos de infantil e primaria. Grazas, Angeles!
Tamén nos achegamos ata o laboratorio de secundaria para observar diversas experiencias que nos tiñan preparadas os alumnos de 4º de ESO: Edgar, Claudia, Pilar e Pablo xunto coa súa mestra de bioloxía, Carmen. A todos eles, moitas grazas. Aprendimos moitas cousas e disfrutamos con esta actividade.

jueves, 22 de marzo de 2012

MOITO QUE CELEBRAR!!!!!

Con este vídeo vexo que pode estar representado todo o que nestes dous días queremos conmemorar.
Chegou a Primavera, celebramos o día da Árbore, tamén o día da Poesía, adicámolo ás persoas con síndrome de Down e, como remate, o día 22 é o día mundial da Auga.
Son moitas cousas para unha soa data.
Todas elas teñen en común a esperanza, a vida, o amor.
Escoitemos uns minutiños o que transmite Vivaldi nesta fermosa composición.
Vai por todos vós!!!

martes, 20 de marzo de 2012

VISITOUNOS IAGO

Hoxe foi o segundo día que veu Iago á nosa clase. Trátase do profe de lingua castelá de secundaria. Aceptou a nosa invitación para compartir un par de ratiños con nós contándonos cousas moi interesantes sobre os libros. Quedamos encantados co que nos contou e gustounos escoitalo recitar diferentes poemas, algúns deles escritos por el. Foi a nosa pequena homenaxe ao día da poesía que se conmemora o día 21. Tamén foi un complemento ao que estamos vendo sobre Alvaro Cunqueiro e Rosalía de Castro.
Moitas grazas, Iago!!. Podes voltar sempre que queiras.


viernes, 9 de marzo de 2012

CONVIVENCIA E DEPORTE NA FRAGA

Este venres houbo unha actividade de deporte e lecer para todos os escolares do pobo. O sitio non podía ser outro: O parque da Fraga. Que fermosura de natureza!!"!
Do noso cole fomos todo o alumnado de primaria e gran parte do profesorado.
O día non puido estar mellor en canto á climatoloxía. Tratábase de facer carreiras por itinerarios programados. Fixéronse por grupos de idades. No noso caso corríamos xuntos nenos de 2º e 3º e nenas deses mesmos cursos. O máis importante foi a participación que houbo e a camaredería existente. Hai que felicitar a todos e todas polo ben que o fixeron e polo seu esforzo. Ademáis temos que dar a noraboa aos nosos compañeiros Antía e Eyob xa que na súa categoría foron os gañadores.

O dito: felicidades a todos e todas!!!.