martes, 24 de febrero de 2015

ROSALÍA CONTINÚA: ANFITRIONA HELANA VILLAR JANEIRO

Remata o 24 de febreiro pero nós continuamos lembrando a súa obra e a súa vida grazas a que hai quen nos axuda a elo.
Mirade que vídeo tan fermoso.

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía. Para nós é unha muller escritora moi importante. Adicamos bastante tempo a estudar a súa obra. Xa o pasado ano representamos os seu poema "Un repoludo gaiteiro" no Festival das Letras Galegas. Neste curso seguimos a traballar ese mesmo poema e "Adiós ríos, adiós fontes". Neste martes estivemos recitando, cantando, debuxando e decorando a Rosalía de Castro.

ROSALÍA DE CASTRO
(1837 – 1885)
Naceu en Santiago de Compostela un 24 de febreiro e pouco sabemos de cando era pequena. Viviu entre Ortoño e Padrón, non coñecemos ao seu pai pero si lle sabemos o segundo nome: Rosalía Rita.
A Rosalía, na escola, gustábanlle moito o debuxo, a música e recitar.
Cando foi maior, casou cun xornalista galego chamado Manuel Martínez Murguía. Con el tivo seis fill@s.
Cambiou moitas veces de domicilio por mor do traballo do seu home. Viviu en Madrid, Lugo, Simancas, a Coruña, Santiago, Lestrobe, Estremadura, Alacant, etc.
Rosalía nunca tivo moi boa saúde e, ademais, a morte d@s fill@s non axudaron a que estivera ben.
Compuxo os seus primeiros poemas cando tiña doce anos e ós dezasete xa era coñecida no "Liceo de San Agustín" de Santiago grazas ó seu primeiro libro La Flor.
O seu home animouna a publicar as cousas que escribía e foi unha das escritoras máis importantes do Rexurdimento galego e do Romanticismo español.
Morreu moi nova, ós corenta e oito anos, en Padrón. A súa casa é hoxe un museo que podemos visitar.