Cando na primeira asamblea falamos do que queríamos ser de maior e as actividades que compartíamos coa nosa familia na casa de cada un, vislumbrei que podía ser interesante convidar ás familias a pasarse pola aula para que nos contaran a súa particular experiencia e visión do seu traballo ou hobbies.
Eu saín enriquecida en todos os aspectos pero sobre todo vendo o felices que estaban os nenos e nenas, o ilusionados que estaban pais, nais, familiares ou amigos e o que aprendimos todos e todas con esta experiencia.
Moitas grazas a todos vós por ter participado neste proxecto de forma tan activa e que saibades que a nosa aula está aberta sempre que queirades.
Espero que todos estes adultos que se pasaron pola nosa clase de 1º disfrutaran tanto como nós.
Proxecto -Os oficios-
View more documents from CPI Monte Caxado.
RECEITAS QUE SE FIXERON NA AULA
PIZZA
INGREDIENTES
• 400 G de fariña
• 20 g levadura Royal.
• Sal
• Un pouco azucre
• Un vaso de auga morna
• Unha gota de aceite
• Tomate frito
• Xamón
• Queixo rilado ou mozzarella
• Papel albal
Misturar a fariña , levadura, o sal, o azucre, a auga e o aceeite nun bol. Deixar repousar a masa uns 30 minutos tapada cun pano húmido. Poñer papel naval nas bandexas do forno.
Estirar a masa, pinchar cun garfo, logo pintar con tomate frito; botarlle xamón e por último queixo rilado por enriza. Metela no forno durante 10 minutos a 200 graos.
ROSQUIÑAS
INGREDIENTES
• 2 ovos
• 1 sobre de Royal
• 100 g. de azucre
• Raiadura de limón
• Gotas de anís
• Un vaso de leite
• Medio vasiño de aceite
• Fariña a que admita
Vanse misturando na mesma orde en que están colocados os ingredientes.
Deixamos repousar unha horiña . Quentamos un cacharro con abundante
aceite. Imos collendo porcións pequenas de masa coas mans aceitadas e facemos unha boliña que furamos polo medio e botamos no aceite ben quente.
Sacámolas para un recipiente e espolvoreamos con azucre.
BO PROVEITO!!!!!!!!