viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DA TERRA

HISTORIA DESTA DATA

As orixes da celebración remóntanse ó nacemento do movemento ecoloxista de finais da década de 1960 e comezos da seguinte. O primeiro que aparentemente concibiu a idea dunha festa denominada Día da Terra foi o asesor do presidente John F. Kennedy, Frederick G. Dutton, pero John McConnell tamén aparece xeralmente nas crónicas dos primeiros tempos como introdutor da idea dunha festa de carácter global nunha conferencia da Unesco celebrada en 1969. Ese mesmo ano o senador por Wisconsin Gaylord Nelson, preocupado pola degradación ambiental, animaría os estudantes a unírense na que sería a primeira protesta ecoloxista de importancia nacional nos Estados Unidos co obxectivo de intentar establecer a problemática ambiental na axenda política americana. Tería lugar o 22 de abril do ano seguinte cun éxito enorme que conseguiu mobilizar uns vinte millóns de americanos en toda a nación, dúas mil universidades, dez mil escolas primarias e secundarias e numerosas organizacións. Foi a primeira vez que se celebraba realmente en América o Día da Terra. Como consecuencia desta mobilización nacional en torno a un día de reivindicación ecoloxista, o senador Nelson puido abandeirar a creación da Axencia de Protección do Ambiente dos Estados Unidos (EPA) e conseguir que se aprobase lexislación ambiental duradeira, coma a Lei do Aire Limpo, e leis para protexer a auga potable (Lei da Auga Limpa), as especies animais en perigo de extinción (Lei das Especies en Perigo), e os mares. A data do 22 de abril segue sendo a celebración máis popular do Día da Terra nos Estados Unidos e fíxose tamén popular noutros moitos países.



DÍA DA TERRA



Unha data tan importante a conmemorar non pasa desapercibida no noso centro. Varias foron as actividades que fixemos ao longo da semana. Entre outras están a de plantar no noso horto e invernadoiro productos de tempada como patacas, millo, cenorias, pementos, leitugas e tomates . Comentar que as plantiñas de cenoria que plantamos son un agasallo que nos fixeron os nenos e nenas do cole veciño das Somozas, xunto coa súa profe Olalla. 









 Tamén elaboramos uns colgantes para adornar a nosa árbore de madeira. Tratábase de corear debuxos en forma de Terra con diferentes mensaxes alusivas ao coidado do noso Planeta e que logo de recortar pegamos nun soporte dun DVd xa fóra de uso, reutilizando de novo este obxecto. Tamén nesta semanas estivemos traballando a reciclaxe nas aulas e nas casas elaborando composicións ben fermosas.