En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións
Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día
Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para lembrar
que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida,
moitas persoas no mundo non teñen acceso á cantidade de auga potable
necesaria para a súa supervivencia.
Un ben escaso
Nun mundo cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga pode parecer un contrasentido que o difícil acceso á auga potable sexa causa de enfermidades e pobreza para 1.500 millóns de persoas.
Porén, esa é a realidade. A auga apta para uso humano (doce, potable e de fácil acceso) é unha parte moi pequena do total e a súa escaseza non se debe só ás condicións naturais de determinadas rexións, senón que ten moito que ver co aumento da poboación, a dilapidación e a contaminación.
A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade no século XXI.Ademais da auga para beber, a agricultura, a industria, a hixiene e a saúde, a calidade ambiental, etc., as posibilidades de desenvolvemento dun territorio e a súa poboación dependen da auga, da súa calidade e do seu consumo racional.
Un dato para a reflexión |
---|
O consumo medio de auga por habitante nun
país industrializado como os Estados Unidos é de cerca de 2000 m3,
mentres que nun país en desenvolvemento como Níxer é de 41 m3. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario