miércoles, 4 de junio de 2008

TEMPO DE XOGOS NO PARQUE


Tamén tivemos ocasión de pasar un rato no parque. Houbo sorte e ,a pesar de que o día estivo gris e chovendo en moitos momentos, logo de xantar puidemos ir unha horiña ata o parque que estaba ó lado da carpa.Pasámolo moi ben e case nos facía falta xa que cando tocou atender a outros coles portámonos bastante ben.

Podo asegurar que se o vindeiro ano nos volven a convocar pensamos repetir a experiencia. Viñemos moi enriquecidos con esta nova experiencia.


XANTAR E EXPOSICIÓN DE TRABALLOS




Logo de expoñer o noso traballo de primeiros e quedarnos tan ben feitiño ( e non decimos mentira ningunha xa que gustou moito) e tamén de ter pasados os nervios escénicos incluindo os das profes, tocou sentarnos para poder escoitar a unha parte dos outros coles.

Cando chegou a hora do xantar fomos ata unha carpa onde estaban os nosos traballos expostos e alí miramos tanto os nosos como os dos demais participantes. Tamén nos deron bocatas, bebidas e froita.


CONGRESO AMBIENTAL DE SADA







O xoves 29 fomos pasar o día a Sada. Celebrábase o II congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino da Coruña co lema " Espazos para conservar". Nós íamos dispostos a expoñer a nosa experiencia neste campo levada a cabo neste curso e que como xa é sabido ven de moito atrás.


Aló fomos o 1º ciclo de primaria xunto coas nosas profes Loli , Blanca e Fina.