Esta semana estivemos facendo actividades relacionadas con esta conmemoración. A lectura diaria xa é algo que está instalado na programación diaria de aula. Por veces na biblioteca e outras na propia clase. Compañeiras que levan o departamento de biblioteca traballaron conxuntamente con alumnos para conseguir un mural ben chulo sobre unha escena do Quijote...tamén a porta da nosa biblio quedou chulísima semellando a entrada a un muíño de vento dos que saen na obra de Cervantes. Parabéns polo traballo final.
Igualmente elaboramos uns marcapáxinas e uns colgantes en forma de libro imaxinando que sendo un libro o que seríamos...