Dende os departamentos de AMA, Museo e E.F. organizamos unha camiñata pola nosa vila. Desta maneira fomos o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria xunto con sete mestres e acompañados dunha policía local nos tramos que van dende o cole ata a ponte de Isabel II. A idea era coñecer un pouco do que temos no noso pobo e así puidemos escoitar, por parte de José Mª, información moi interesante sobre hórreos, cruceiros e pontes. Igualmente houbo unhas pinceladas sobre a vexetación que hai no entorno destes monumentos. Andivemos cerca de tres horas en total. Fixemos unha parada na Fraga, preto do Pavillón. Alí merendamos e xogamos un bo anaco. De volta nas aulas comentábamos o interesante que resultou esta actividade.