martes, 6 de mayo de 2014

POR FIN!!!! ACTIVIDADES NO NOSO HORTO

Xa era hora de poder ir plantar no horto do cole. Veredes unha 1ª imaxe de como estaba de todo este inverno de tanta inclemencia. Este luns baixamos o noso curso e a clase de 5 anos.Tivemos a axuda dun experimentado agricultor. Trátase de Abel que trouxo as plantiñas, sementes e máis botou unha man para mover a terra do horto e de abonala.
Plantamos espinacas, repolo, leitugas,fabas, xudías, patacas,cabazas e calabacín.
Tamén na parte de atrás do invernadoiro sementamos cabazas co ánimo de ter a colleita cando sexa o Samaín.
Da mesma maneira operarios do Concello remataron de preparar a desfeita que houbo este inverno no invernadoiro.
Así que agora queda coidar da plantación e ver como medran esas hortalizas!!!