jueves, 20 de septiembre de 2012

VIAXE A MANZANEDA

Este mércores e xoves fixemos unha excursión a Manzaneda. Fomos os cursos de 4º, 5º e 6º cos profes Angeles Lourés, Paco e Fina.
Esta viaxe era o premio de Voz Natura que tivemos a nivel provincial polas actividades feitas dende A.M.A.
Disfrutamos moito xa que tivemos moi boa climatoloxía. Houbo actividades dirixidas por monitores: tiro con arco, cars, sendeirismo, escalada, velada nocturna. Aprendimos moito e foi unha bonita experiencia para todos.

martes, 18 de septiembre de 2012

VISITAMOS O INVERNADOIRO

Hoxe fomos de visita ata o horto e o viveiro para ver o que pasar neste tempo que non estivemos no cole. Puidemos comprobar que o horto estaba máis ben seco pero que aínda con esa falta de auga había unha boa variedade de productos que plantáramos antes de irnos de vacacións. Entre eles había tomates cherri, calabacíns, algún pemento, fabas, garabanzos e lentellas que plantaran os peques de infantil.
No invernadoiro medraran moitísimo tanto os tomates como os calabacíns pero tiñan moita máis folla que froito. Isto é debido a que non se podaron no seu momento xa que non estabamos.Tamén desa circunstancia aprendemos cousas útiles.
Podedes ver unha foto do interior do noso invernadoiro.


miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVID@S A UN NOVO CURSO!!!!!

Quero dar a benvida a este grupo de 19 alumn@s que comezan un curso de 4º que vai ser especial para todos nós. Traballaremos moito para conseguir uns resultados que ,coido, han ser moi positivos . Especial ten que ser ese recebemento para tres novos alumnos que se incorporan á nosa aula. Eles son: Alicia, Adrián e Dana.
A todos e todas vós un feliz comezo de curso.

(Podedes ver o mural tan chuli que hai na entrada do centro e que foi elaborado polos compañeiros josé Mª e Angeles L.)