domingo, 24 de febrero de 2013

ROSALÍA, SEMPRE VIVA!!!

Hoxe cumpliría 176 anos a nosa grande Rosalía de Castro. 
E, máis que nunca, o seu espíritu debe de seguir entre nós.


jueves, 21 de febrero de 2013

VISITA Á EXPOSICIÓN DO LIÑO

Esta mañá puidemos contemplar todo o proceso do Liño. Dende que se sementa ata conseguir os tecidos e prendas que con el se poden facer. Para elo fomos ata o Mercado Vello e alí puidemos ver un vídeo explicatvo moi didáctico e aclaratorio. Pero o mellor foi que había unhas mulleres , dunha asociación de Insua (Vilalba), que estaban a facer " en vivo" todos os pasos para chegar a facer fermosos traballos con este producto tan humilde como é o LIÑO.
Démonos boa conta de que aqueles aparellos que alí viamos funcionando son os mesmiños que temos no noso Museo Etnográfico e gustounos. Que sorte temos!
Moitas grazas a estas mulleres que fan estas tarefas con tanto agarimo e co afán de que non se perdan estas costumes dos nosos avós. 
Que importante é lembrar o noso pasado para conseguir un futuro digno!!!

viernes, 8 de febrero de 2013

FELIZ ENTROIDO!!!!

Hoxe foi o desfile e festival do entroido no noso centro. Este ano fomos disfrazándonos cada día con algo diferente ata conformar unha vestimenta parecida á dun paiaso. Quixemos con esto facer unha homenaxe a Miliki, o paiaso da TV. 
Toda esta semana fomos argallando os diferentes complementos do que se compuxo este disfraz. Igualmente tratouse de economizar en gastos e dese xeito fomos recuperando vestimentas que había pola casa de cada un. 
Na aula sí que fixemos os gorriños con catolinas e lle engadimos unha especie de melena con bolsas de plástico. Logo fomos decorando como quixemos ese gorro.
Este venres viñemos pintados da nosa casa. Xa na hora do recreo comimos orellas e freixós, convidados coma sempre pola nosa ANPA. Dende aquí o noso agradecemento polo seu traballo.
Xa no pavillón fomos interpretando diferentes cancións do repertorio dos paiasos da tele. Nós cantamos "La gallina turuleca" que ensaiamos con Marita. E a verdade é que quedou moi chula.
QUE DISFRUTEDES DO ENTROIDO!!!







martes, 5 de febrero de 2013

CHARLA SOBRE RECICLAXE

No día de hoxe asistimos na biblioteca do centro a unha charla ilustrada sobre a correcta reciclaxe. Fomos as clases de 4º e 5º de Primaria A iniciativa saiu  da Consellaría de Medio Ambiente e Ecoembes e ofertouse aos demáis centros de primaria da localidade.